A evolución demográfica suíza caracterízase polo aumento continuo da media de idade e a alta proporción da poboación estranxeira.
A relixión maioritaria, practicada por 43% dos suízos, é o catolicismo, seguido por diversas crenzas protestantes (35%). Debido á inmigración hoxe en día tamén se estabeleceron o islamismo (4%) ou a ortodoxia (2%), o resto da poboación pertencen a minorías relixiosas máis pequenas ou non practica relixión algunha. A estabilidade e prosperidade da Suíza, combinada coa poboación lingüística e relixiosamente diversa, leva a algúns a describir o país como un estado consociacional. A esperanza de vida é de 81,3 anos (a terceira máis alta do mundo) e a media de fillos por muller é de tan só 1,44. A composición étnica en 2007 era a seguinte:
↑Swiss Federal Statistical Office. "Languages and religions - Data, indicators". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2007. Consultado o 2009-11-09. O primeiro número refírese ao número de falantes totaism o segundo só aos cidadáns suízos.