Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
O γ-caroteno (gamma-caroteno) é un carotenoide e un intermediario biosintético na síntese de carotenoides ciclados de plantas.[1] Fórmase por ciclación do licopeno polo encima licopeno ciclase épsilon.[2] Xunto con outros carotenoides, o γ-caroteno é un vitámero da vitamina A en herbívoros e omnívoros. Os carotenoides cun anel ciclado de beta-ionona poden converterse en vitamina A, tamén coñecida como retinol, polo encimabeta-caroteno 15,15'-dioxixenase; porén, a bioconversión do γ-caroteno a retinol non está ben caracterizada. O γ-caroteno foi identificado provisionalmente como un biomarcador para as bacterias púrpuras e verdes do xofre nunha mostra da formación Barney Creek de 1.640 ± 3 millóns de anos de antigüidade do norte de Australia que comprendía sedimentos mariños.[1] Este descubrimento provisional de γ-caroteno en sedimentos mariños implica un ambiente euxínico no pasado, no que as columnas de auga eran anóxicas e sulfúricas.[1] Esta é unha forma significativa de reconstruír as condicións oceánicas pasadas, pero ata agora o γ-caroteno só foi potencialmente identificado na única mostra medida.
Introdución
O γ-caroteno é un carotenoide, unha clase de pigmentos que lles dan cor aos organismos fotosintéticos. Especificamente, o γ-caroteno pode derivarse da mixoxantofila atopada en cianobacterias, clorobiáceas, e bacterias verdes non do xofre (Chloroflexi).[3][4] Porén, existen uns 600 carotenoides diferentes, cada un coa súa estrutura e fórmula que modifica o seu espectro de absorción.[5] En concreto, as Chromatiaceae viven entre os 1,5 e 24 metros de profundidade na columna de auga e máis do 75 % das floracións microbianas ocorren por riba dos 12 metros de profundidade.[6] Outros carotenoides como o clorobactano e o isorenierateno son tamén biomarcadores da presenza de bacterias verdes non do xofre. Estes carotenoides son indicadores de pasados ambientes xeoquímicos acuáicos desa fonte de auga. En particular, o γ-caroteno é un indicador da profundidade á cal as condicións óxicas empezan a cambiar a anóxicas debido á súa importancia para as bacterias verdes e púrpuras que ocupan a capa que fai de límite.[6] Sábese que as bacterias verdes non do xofre producen 2,3,6-trimetilaril isoprenoides que son inequívocos, o que permite a dedución de pasados ambientes xeoquímicos acuáticos.[7] No γ-caroteno, o grupo final de licopeno produce un anel β pola acción do encima β-ciclase; mentres que o outro extremo é grupo ψ de cadea aberta.[8]
Preservación
Os biomarcadores en xeoloxía poden definirse como os restos moleculares preservados de lípidos e outras composicións biolóxicas. A miúdo, nos ambientes sedimentarios, os lípidos descompóñense nos esqueletos hidrocarbonados que quedan preservados no rexistro xeolóxico por longas escalas de tempo.[9] Concretamente, os biomarcadores diagnóstico utilízanse para investigar as condicións de paleoambientes do remoto pasado, como a salinidade, temperatura e dispoñibilidade de oxíxeno. Nos ambientes acuáticos nos que persisten as bacterias verdes non do xofre, o carbono orgánico é remineralizado a dióxido de carbono e auga de modo que o 0,1 % se deposita no rexistro sedimentario nos leitos acuáticos.[10] Aínda que o γ-caroteno non é un biomarcador de diagnóstico para as bacterias verdes non do xofre, como se descubriu polo momento provisionalmente nun só ambiente natural, é considerado un biomarcador para as bacterias verdes e púrpuras non do xofre. A diferenza do β-caroteno, que aparece nun amplo conxunto de liñaxes dos tres dominios da vida, o γ-caroteno está restrinxido a só uns pouco precursores potenciais.[10] Ambos os xéneros actuais de bacterias Chromatiaceae conteñen γ-caroteno despois da diaxénese, que ten un esqueleto carbonado exclusivo; por tanto, o γ-caroteno é identificable por métodos de medida como a cromatografía de gases-espectrometría de masas. Nalgúns casos é posible discriminar entre diferentes fontes de biomarcadores usando técnicas de fraccionamento isotópico do carbono.[10]
Técnicas de medida
GC/MS
A cromatografía de gases-espectrometría de masas (GC/MS) é unha técnica analítica empregada en xeoquímica para identificar e cuantificar compostos orgánicos presentes en rochas sedimentarias. A mostra de hai 1.640 ± 3 millóns de anos da formación Barney Creek someteuse a unha extracción para buscar γ-caroteno e foi analizada por GC/MS e atopouse un pico en m/z 125, o que indica a presenza de derivados carotenoides que elúen inmediatamente despois do β-caroteno e γ-caroteno.[5]
Proporción de isótopos do carbono
Unha análise adicional do γ-caroteno pode realizarse por proporción de isótopos-espectrometría de masas. As Chromatiaceae xeralmente están enpobrecidas en δ13C mentres que as Chlorobiaceae están enriquecidas en δ13C en comparación con bacterias oxixénicas típicas.[11] Os resultados da proporción de isótopos-espectrometría de masas e da GC/MS poden discriminar con exactitude a presenza de γ-caroteno nunha extracción de mostras sedimentarias. A identificación de γ-caroteno por estes métodos proporcionaría unha indicación convincente de ambientes pasados euxínicos, nos que as columnas de auga eran anóxicas e sulfúricas.[1]
↑Vogl, Kajetan; Glaeser, Jens; Pfannes, Kristina R.; Wanner, Gerhard; Overmann, Jörg (2006-06-01). "Chlorobium chlorochromatii sp. nov., a symbiotic green sulfur bacterium isolated from the phototrophic consortium "Chlorochromatium aggregatum"". Archives of Microbiology(en inglés)185 (5): 363–372. ISSN1432-072X. PMID16555074. doi:10.1007/s00203-006-0102-z.
↑ 5,05,1Brocks, Jochen J.; Schaeffer, Philippe (2008-03-01). "Okenane, a biomarker for purple sulfur bacteria (Chromatiaceae), and other new carotenoid derivatives from the 1640Ma Barney Creek Formation". Geochimica et Cosmochimica Acta(en inglés)72 (5): 1396–1414. Bibcode:2008GeCoA..72.1396B. ISSN0016-7037. doi:10.1016/j.gca.2007.12.006.
↑ 6,06,1Van Gemerden, Hans; Mas, Jordi (1995). Blankenship, Robert E.; Madigan, Michael T.; Bauer, Carl E., eds. Ecology of Phototrophic Sulfur Bacteria. Anoxygenic Photosynthetic Bacteria. Advances in Photosynthesis and Respiration (en inglés) (Dordrecht: Springer Netherlands). pp. 49–85. ISBN978-0-306-47954-0. doi:10.1007/0-306-47954-0_4.
↑Vogl, K.; Bryant, D. A. (maio de 2012). "Biosynthesis of the biomarker okenone: χ-ring formation: Biosynthesis of the biomarker okenone". Geobiology(en inglés)10 (3): 205–215. PMID22070388. doi:10.1111/j.1472-4669.2011.00297.x.
↑Brocks, Jochen J.; Grice, Kliti (2011). Reitner, Joachim; Thiel, Volker, eds. Biomarkers (Molecular Fossils). Encyclopedia of Geobiology. Encyclopedia of Earth Sciences Series (en inglés) (Dordrecht: Springer Netherlands). pp. 147–167. ISBN978-1-4020-9212-1. doi:10.1007/978-1-4020-9212-1_30.
↑ 10,010,110,2CB, Gregor (1988). Biogeochemical Cycles of Carbon and Sulfur. John Wiley & Sons. pp. 105–174.