Francisco Ibáñez Talavera, nado en Barcelona o 15 de marzo de 1936 e finado na mesma cidade o 15 de xullo de 2023,[1] foi un autor de cómics catalán, un dos máis coñecidos en lingua castelá.
Traxectoria
Comezou a súa vida profesional traballando no Banco Español de Crédito,[1] pasando a dedicarse xa plenamente ó cómic no ano 1957, cando entrou na Editorial Bruguera, na que estivo ata 1985, en que marchou por desacordos.[1]
Os seus personaxes máis populares son, sen dúbida, Mortadelo e Filemón, dos que leva máis de corenta anos escribindo historietas. Outros tamén moi coñecidos son O Botóns Sacarino, Pepe Gotera e Otilio, Rompetechos ou 13, Rue del Percebe.
As súas obras son coñecidas en todo o mundo, xa que sobre todo Mortadelo e Filemón está traducidos a numerosas linguas.
Mortadelo e Filemón no mundo
Os cómics destes dous personaxes véndense no mundo con moitos nomes diferentes. Teñen unha excelente acollida en Alemaña, razón pola que se lle dedica unha publicación monográfica. Os seus nomes varían dunha lingua a outra:
Recoñecementos
- 1994, Gran Premio do Salón do Cómic de Barcelona.[1]
- 2002, Medalla de Ouro ó Mérito nas Belas Artes.[1][2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas