Francisco Giner de los Ríos

Modelo:BiografíaFrancisco Giner de los Ríos

Francisco Giner de los Ríos en 1881.
Biografía
Nacemento10 de outubro de 1839
Ronda, Málaga
Morte18 de febreiro de 1915 (75 anos)
Madrid
Lugar de sepulturaCemiterio Civil de Madrid 40°25′18″N 3°38′09″O / 40.421694, -3.635808 Editar o valor en Wikidata
Catedrático
Catedrático de universidade
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Barcelona
Facultad de Filosofía y Letras (Universidad de Granada) Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónFilósofo, pedagogo e ensaísta
EmpregadorUniversidade Central Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJulián Sanz del Río Editar o valor en Wikidata
AlumnosRamón Carande Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsHermenegildo Giner de los Ríos Editar o valor en Wikidata
ParentesGloria Giner de los Ríos García, sobriña
Bernardo Giner de los Ríos, sobriño
Laura de los Ríos Giner, sobriña neta
Laura García de Giner, cuñada Editar o valor en Wikidata
Sinatura

Descrito pola fonteEnsayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Giner de los Ríos (Francisco), p.171)
Pedagogos e psicólogos do mundo,
Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana (1908-1930) (pt) Traducir, (vol:XXVI, sec:Giner de los Ríos (Francisco), p.119-120) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX924903 Dialnet: 117518 WikiTree: Giner_de_los_Ríos-4 Find a Grave: 26126180 Editar o valor en Wikidata

Francisco Giner de los Ríos, nado en Ronda (provincia de Málaga) o 10 de outubro de 1839[1] e finado en Madrid o 17 de febreiro de 1915, foi un filósofo, pedagogo e ensaísta español. Foi discípulo de Julián Sanz del Río e fundador e director da Institución Libre de Enseñanza.

Traxectoria

Naceu nunha familia acomodada, seu pai foi funcionario de Facenda,[1] o que lle permitiu ter formación universitaria. Estudou Filosofía en Barcelona e Granada, onde se licencia en Dereito Civil e Canónico o 27 de xuño de 1856. Consegue o doutoramento o 9 de xuño de 1857 na Universidade de Madrid e solicita, de contado, opositar á cátedra de Filosofía de Dereito desta mesma universidade.

Volta de novo a Madrid en 1863, onde entrou en contacto e recibiu a influencia do profesor Julián Sanz del Río, introdutor en España do ideario de Karl Christian Friedrich Krause. As ideas e influencia do krausismo marcaron para sempre tanto o pensamento como a obra de Giner de los Ríos. O 10 de agosto de 1867, obtivo a cátedra de Filosofía do Dereito e de Dereito Internacional na Universidade de Madrid. O seu carácter profundamente crítico, os seus modos de ensinar e a súa ilimitada ilusión docente convertérono nunha das figuras obrigadas do Madrid universitario. Non dubidou en enfrontarse abertamente a certas ordenanzas atentatorias á liberdade de cátedra que foran adoptadas polo ministro de Fomento, Marqués de Orovio, polo que unha Real Orde (14 de maio de 1868) suspéndeo do desempeño da cátedra na que se reintegrou pouco despois o 19 de outubro. Porén, como consecuencia das súas opinións contrarias ás disposicións do goberno, unha nova Orde asinada por Orovio o 17 de xullo de 1875, afástao definitivamente da súa cátedra,[2] xunto con amigos e discípulos, boa parte dos cales compartiron desde ese instante os soños transformadores de Giner de los Ríos. A raíz dos acontecementos anteriores, puxo en marcha unha das iniciativas que máis marcou a educación de España.

Malia que tamén destacou como xurisconsulto e como pensador, foi coa fundación da Institución Libre de Enseñanza cando saíu a relucir o xenial pedagogo que Giner levaba dentro. Desde ese instante e ata o fin dos seus días, dedicouse en corpo e alma a pór en práctica as liñas pedagóxicas que definen a Institución: formación de homes útiles á sociedade, pero sobre todo homes capaces de concibir un ideal; coeducación e recoñecemento explícito da muller en pé de igualdade co home; racionalismo, liberdade de cátedra e de investigación, liberdade de textos, e supresión dos exames memorísticos. Unha escola activa, neutra e non dogmática, baseada no método científico, que abarca toda a vida do home e que pretende a formación de homes completos, abertos a tódolos ámbitos do saber humano. Giner opuxo a liberdade á autoridade.

En 1881 foi restituído na súa cátedra (Real Orde do 30 de marzo, asinada polo ministro de Fomento José Luis Albareda).[3] A Institución Libre de Enseñanza, baixo a dirección de Giner, continuou a súa andaina como modelo de calidade de ensinanza, non tardando en adquirir renome nacional e internacional. Fundacións da ILE foron o Museo Pedagóxico Nacional, as Colonias Escolares, a Xunta para Ampliación de Estudios e Investigacións Científicas (xermolo do CSIC), a Residencia de Estudiantes, a Dirección Xeral de Primeira Ensinanza, as Misións Pedagóxicas...

Eses eran os soños de Giner e a súa contribución á consecución dun país de persoas libres dirixidas por persoas libres e con preparación adecuada. A lista de personalidades, alumnos e profesores nalgún momento relacionados coa ILE ou formados directamente nela é moi longa, sendo transcendental a iniciativa na historia de España. Destacan nomes como Manuel Azaña, Julián Besteiro, José Ortega y Gasset, Federico García Lorca, Salvador Dalí, Antonio Machado, Juan Ramón Jiménez, Luis Buñuel, Unamuno, Bosch Gimpera, ou Antonio Machado, que lle dedicou un panexírico.

É un personaxe clave pola súa influencia sobre os ideais ilustrados liberais, no sentido francés (radical-laico), que serviron á minoría intelectual republicana e, máis tarde, á esquerda revisionista.

Foi o continuador do krausismo no último terzo do século XIX e os primeiros anos do XX. Exerceu un influxo enorme sobre os seus discípulos, e renovou a vida intelectual española, a educación e mesmo a sensibilidade do país. Tamén está visto como un precursor da socioloxía xurídica.

En 1887 creou a Fundación Sierra-Pambley en Villablino.

Giner de los Ríos (segundo pola dereita) con amigos dunha peña literaria de Granada

Influencia

O propósito de Giner de los Ríos foi rexenerar o país a través das conciencias, a revolución das conciencias. Quería crear homes íntegros, cultos, capaces, en base á idea de que os cambios os producen os homes, non as rebelións nin as guerras.

Trala guerra civil española todo o relativo a Giner, xa que era sinónimo de liberdade, foi prohibido polo réxime franquista, o que provocou a perda de boa parte da súa obra. Durante a ditadura a ensinanza pasou a estar controlada pola igrexa, facendo que a maioría dos seguidores de Giner desaparecesen. Porén, existen algúns colexios en España que están retomando os principios pedagóxicos de Giner adaptados ós novos tempos.

Principios pedagóxicos

A pedagoxía de Giner é comparada en ocasións coa escola socrática, na que o profesor inflúe nos seus alumnos non pola súa autoridade, senón polo seu coñecemento, a súa sabedoría. A relación entre os alumnos e o profesor era íntima, próxima, familiar, para así poder influír mellor na súa conciencia. Era unha escola eminentemente práctica, na que cada alumno tiña un caderno (e non un libro académico) co que traballaba. Os exames memorísticos non existían. As excursións eran frecuentes, a museos de todo tipo, a fábricas, ó campo etc. Estas excursións duraban varios días, e moitos antigos alumnos recordábanas con gratitude. Unha das máis recordadas foi cando levou ós alumnos andando desde Madrid ata Lisboa.

Portada de Principios del Derecho natural (1873).

Obras

  • Lecciones sumarias de psicología (1874)
  • Principios de derecho natural (1875)
  • Estudios jurídicos y políticos (1875)
  • Estudios de literatura y arte (1876)
  • Estudios filosóficos y religiosos (1876)[4]
  • Estudios sobre educación (1886)
  • Estética (1887) en Diccionario Enciclopédico Hispano-Americano
  • Educación y Enseñanza (1889)
  • Resumen de filosofía del derecho (1898)
  • La persona social (1899)
  • Estudios de filosofía y sociología (1904)
  • Pedagogía universitaria (1905)

Epónimos de centros educativos

Varios centros educativos levan o seu nome:

Notas

  1. 1,0 1,1 Jiménez-Landi, Antonio (1996); op.cit. páx. 32.
  2. Jiménez-Landi, Antonio (1996); op.cit. páx. 33
  3. Jiménez-Landi, Antonio (1996); op.cit. páx. 655.
  4. Jiménez-Landi, Antonio (1996); op.cit. páx. 574

Véxase tamén

Bibliografía

  • Abellán, José Luis. «Francisco Giner de los Ríos: su ideario filosófico y pedagógico», en Historia crítica del pensamiento español, tomo V, La crisis contemporánea. Madrid: Espasa-Calpe, 1989, pp. 156–165.
  • Altamira, Rafael. Giner de los Ríos, Educador. Valencia: Prometeo, Sociedad Editorial, 1915.** Botrel, Jean-François. «'Clarín' y Giner: El 'eterno discípulo' y el 'maestro', en 1892», en Ínsula: Revista de Letras y Ciencias Humanas 659 (Nov 2001), pp. 12–13.
  • Ferrer Canales, José. «Hostos y Giner», en Asomante 21.4 (1965), pp. 7–28
  • Jiménez-Landi, Antonio (1959). «Don Francisco Giner de los Ríos y la Institución Libre de Enseñanza», en Revista Hispánica Moderna 25.1-2 (Jan-Apr 1959), pp. 1–52.
  • Jiménez-Landi, Antonio (1996). La Institución Libre de Enseñanza y su ambiente. Vol. II (Período parauniversitario). Madrid: Editorial Complutense.  ISBN 84-89365-97-0.
  • Landa, Rubén. Sobre Don Francisco Giner. México: Cuadernos Americanos, 1966.
  • Landa, Rubén. Giner visto por Galdós, Unamuno, A. Machado. J. Ramón Jiménez, Alfonso Reyes etc.. México: Instituo Luis Vives/Colegio de México, 1969.
  • Lipp, Solomon. Francisco Giner de los Ríos. A Spanish Socrates. Waterloo, Ontario: Wilfrid Laurier University Press, 1985.
  • López-Morillas, Juan. «Las ideas literarias de Francisco Giner de los Ríos», en Revista de Occidente 12 (1966), pp. 32–57.
  • López-Morillas, Juan. Hacia el 98, literatura, sociedad, ideología. Barcelona: Ediciones Ariel, 1972, pp. 183–221.
  • Marco, José María, Francisco Giner de los Ríos. Pedagogía y poder. Barcelona: Península, 2002. ISBN 978-84-8307-474-9
  • Menéndez Pelayo, Marcelino. Historia de los heterodoxos españoles. 3 vols. México: Editorial Porrúa, 1982–1983.
  • Trend, J.B. The Origins of Modern Spain. Nova York: The Macmillan Company, 1934.
  • Ward, Thomas. «Literatura y sociedad española en Larra, Giner y Alas», en La teoría literaria: el romanticismo, el krausismo y el modernismo ante la 'globalización' industrial. University, MS: Romance Monogrphs, Nº 61, 2004, pp. 15–52.

Ligazóns externas

Read other articles:

This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Mumbai Football Arena – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (June 2023) (Learn how and when to remove this template message) Multipurpose stadium located in Mumbai, India Mumbai Football ArenaAndheri Sports ComplexInterior of the stadium in 2023Full nam...

 

Cet article est une ébauche concernant une chanson, le Concours Eurovision de la chanson et l’Allemagne. Vous pouvez partager vos connaissances en l’améliorant (comment ?) selon les recommandations des projets correspondants. Perfect Life Chanson de Levina au Concours Eurovision de la chanson 2017 Sortie 9 février 2017 Durée 3:01 Langue Anglais Genre Pop Auteur Lindsey RayLindy RobbinsDave Bassett Compositeur Lindsey RayLindy RobbinsDave Bassett Chansons représentant l'All...

 

Jonjoe Kenny Jonjoe Kenny usai latihan Schalke pada 2019Informasi pribadiNama lengkap Jonjoe KennyTanggal lahir 15 Maret 1997 (umur 27)Tempat lahir Liverpool, InggrisTinggi 176 cm (5 ft 9 in)Posisi bermain BekInformasi klubKlub saat ini Everton F.C.Nomor 43Karier senior*Tahun Tim Tampil (Gol)2014 – Everton F.C. 16 (0) * Penampilan dan gol di klub senior hanya dihitung dari liga domestik Jonjoe Kenny (lahir 15 Maret 1997) adalah seorang pemain sepak bola berkewarganegara...

Jae ParkPark di bulan Agustus 2022Nama asal박제형LahirPark Jae-hyung15 September 1992 (umur 31)Buenos Aires, ArgentinaKebangsaanAmerika SerikatNama laineaJPendidikanCerritos High SchoolCalifornia State University, Long BeachPekerjaanPenyanyipenulis lagukomposerTahun aktif2015–sekarangKota asalLong Beach, CaliforniaKarier musikGenrePoprockInstrumenVokalgitarArtis terkaitSeoriDPR LiveMax SchneiderStephanie Poetriex-Day6JYP NationNama KoreaHangul박재형 Hanja朴�...

 

Poem by English poet William Blake This article's lead section may be too short to adequately summarize the key points. Please consider expanding the lead to provide an accessible overview of all important aspects of the article. (April 2015) A Dream is a poem by English poet William Blake. The poem was first published in 1789 as part of Blake's collection of poems entitled Songs of Innocence. A 1795 hand painted version of A Dream from Copy L of Songs of Innocence and of Experience currently...

 

此條目可参照英語維基百科相應條目来扩充。 (2021年5月6日)若您熟悉来源语言和主题,请协助参考外语维基百科扩充条目。请勿直接提交机械翻译,也不要翻译不可靠、低品质内容。依版权协议,译文需在编辑摘要注明来源,或于讨论页顶部标记{{Translated page}}标签。 约翰斯顿环礁Kalama Atoll 美國本土外小島嶼 Johnston Atoll 旗幟颂歌:《星條旗》The Star-Spangled Banner約翰斯頓環礁�...

Sejumlah sel surya tersensitisasi pewarna. Sel surya tersensitisasi pewarnaSel surya tersensitisasi pewarna (DSSC, DSC, DYSC [1] atau sel Grätzel) adalah sel surya berbiaya rendah dari kelompok sel surya film tipis.[2] Ini didasarkan pada semikonduktor yang terbentuk antara anode peka-cahaya dan elektrolit, sistem fotoelektrokimia. Versi modern dari sel surya pewarna, juga dikenal sebagai sel Grätzel, awalnya diciptakan bersama pada tahun 1988 oleh Brian O'Regan dan Michael ...

 

尊敬的拿督赛夫丁阿都拉Saifuddin bin Abdullah国会议员馬來西亞国会下议院英迪拉马哥打现任就任日期2018年7月16日 (2018-07-16)前任法兹阿都拉曼(希盟公正党)多数票10,950(2018) 马来西亚外交部长任期2021年8月30日—2022年11月24日君主最高元首苏丹阿都拉首相依斯迈沙比里副职卡玛鲁丁查化(国盟土团党)前任希山慕丁(国阵巫统)继任赞比里(国阵巫统)任期2018年7月2�...

 

Основная статья: Славянское неоязычество Славянское неоязычество в Россиироднове́рие, родная вера, родове́рие Общая численность не менее 10 тыс.[1] — около 757 тыс. (2012)[2][3] Основатель Валерий Емельянов (Велемир), Алексей Добровольский (Доброслав) и др. Религии э�...

Chinese rivers This article includes a list of references, related reading, or external links, but its sources remain unclear because it lacks inline citations. Please help improve this article by introducing more precise citations. (April 2020) (Learn how and when to remove this message) Rivers that flow through China are as follows. The list is organized according to the body of water into which each river empties, beginning with the Sea of Okhotsk in the northeast, moving clockwise on a ma...

 

Citizens or natives of Guatemala Ethnic group GuatemalansGuatemaltecosFlag of GuatemalaTotal population Guatemala          17,974 millionRegions with significant populations United States1,226,849[1] Mexico46,318[1] Belize26,767[1] Canada18,602[1] Spain10,002[1] 15,172 (2022)[2] El Salvador9,036[1] Honduras4,711[1] France3,423[1]...

 

For similar articles about other countries, see Fake news.The spread of false information in the United States This article may be in need of reorganization to comply with Wikipedia's layout guidelines. Please help by editing the article to make improvements to the overall structure. (July 2022) (Learn how and when to remove this message) False information (known as fake news) in the United States has been a subject of discussion and debate, especially since the increased reliance on the Inte...

Kuwaiti al-Qaeda member Not to be confused with Abu Omar al-Kuwaiti. Abu-Zaid al KuwaitiKhalid Bin Abdul Rehman Al-Hussainan (خالد بن عبد الرحمن الحسينان)Born1965 or 1966KuwaitDied(2012-12-06)December 6, 2012 (aged 46)North Waziristan, PakistanCause of deathDrone strikeOrganizationAl-QaedaKnown forPossible heir to Ayman al-Zawahiri Abu-Zaid al Kuwaiti (born Khalid Bin Abdul Rehman Al-Hussainan (Arabic: خالد بن عبد الرحمن الحسينان...

 

Artikel ini bukan mengenai Zoroaster. Roronoa Zoro ロロノア・ゾロTokoh One PiecePenampilanperdanaChapter 3 (Manga),Episode 1 (Anime)PenciptaEiichiro OdaPengisi suaraKazuya Nakai,Megumi Urawa (saat kecil),Wataru Takagi (OVA)BiodataJulukanZoro si Pemburu Bajak Laut (海賊狩りのゾロ, Kaizoku Gari no Zoro)SpesiesManusiaJenis kelaminLaki-lakiGelarKsatria PedangKewarganegaraanJepangTanggal Lahir11 November[1]Tinggi178 cm (debut)[2]181 cm (setelah time-skip)Tebusan60.000...

 

Pizzey ParkPizzey Park lakeLocationMiami, Gold Coast, Queensland, AustraliaCoordinates28°03′49″S 153°25′35″E / 28.06350°S 153.42634°E / -28.06350; 153.42634OwnerGold Coast City CouncilSurfaceGrassTenantsBurleigh Bears (Queensland Cup) Burleigh Heads Bulldogs SC (Gold Coast Soccer) Bond Pirates Rugby Club (GCDRU) Pizzey Park is an open-air sports and recreation precinct in Miami, a suburb in the Gold Coast, Queensland, Australia. The 60-hectare (150-acre) s...

This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article relies excessively on references to primary sources. Please improve this article by adding secondary or tertiary sources. Find sources: ASC X12 – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (February 2010) (Learn how and when to remove this message) This article needs additional citations...

 

Carlos AlazraquiCarlos Alazraqui, difoto pada bulan Juni 2005Nama lahirCarlos Jaime AlazraquiLahir20 Juli 1962 (umur 61)Yonkers, New York, A.S.[1]MediaStand-up, film, televisiKebangsaanAmerikaAlma materSacramento State[2]GenreKomedi observasionalSubjekImpressions, Budaya populerSuami/istriLaura Mala ​(m. 2010)​Anak2Situs webwww.carlosalazraqui.com Carlos Jaime Alazraqui (lahir 20 Juli 1962) pengisi suara, penyanyi, impresionis, produser d...

 

أرخبيل الملايو   معلومات جغرافية الإحداثيات 2°04′50″S 126°32′49″E / 2.080581841855°S 126.54688694173°E / -2.080581841855; 126.54688694173   المسطح المائي المحيط الهندي،  والمحيط الهادئ  المساحة 2000000 كيلومتر مربع  الحكومة البلد ماليزيا إندونيسيا سنغافورة بروناي دار السلام تيمور ال�...

ArdeaPhân loại khoa họcGiới (regnum)AnimaliaNgành (phylum)ChordataLớp (class)AvesBộ (ordo)PelecaniformesArdeiformesHọ (familia)ArdeidaePhân họ (subfamilia)ArdeinaeChi (genus)ArdeaLinnaeus, 1758Danh pháp đồng nghĩa Casmerodius Megalornis Gray, 1841 Mesophoyx Ardea là một chi chim trong họ Diệc.[1] Các loài Ardea cinerea Ardea herodias Ardea cocoi Ardea pacifica Ardea melanocephala Ardea humbloti Ardea insignis Ardea sumatrana Ardea goliath Ardea purpurea ...

 

Academic journalThe Catholic Historical ReviewDisciplineHistoryLanguageEnglishEdited byNelson MinnichPublication detailsHistory1915–presentPublisherCatholic University of America Press (United States)FrequencyQuarterlyStandard abbreviationsISO 4 (alt) · Bluebook (alt1 · alt2)NLM (alt) · MathSciNet (alt )ISO 4Cathol. Hist. Rev.IndexingCODEN (alt · alt2) · JSTOR (alt) · LCCN (alt)MIAR · ...