Situado dominando a veiga do seu nome, na que o principal cultivo é o chirimoyo e o aguacate (tamén se produce manga, guayaba, plátano e outros froitos subtropicais) así como o cultivo en invernadoiro e a cana de azucre (aínda que o ano 2006 foi o último no que se procedeu á recolección e produción de azucre, habendo pechado a única fábrica azucreira que quedaba en España e no resto de Europa). É a saída ao mar da provincia de Granada. A súa posición xeográfica convértea nun centro industrial e comercial (fabricación de papel). O Porto de Motril é, á vez, porto comercial e de pesca. Tendo tamén un porto deportivo (Real Club Náutico de Motril) como porto de recreo.
Demografía
Tiña en 2016 unha poboación de 60.368 habitantes, a maioría deles concentrados na capital municipal, Motril (49.313 hab.). O resto dos seus habitantes están agrupados en varios núcleos de poboación: El Varadero, Torrenueva, Carchuna, Calahonda, Puntalón, Playa Granada, Las Ventillas, La Perla, La Garnatilla, Los Tablones e La Chucha.