Debutou no cine en 1977 na película Saturday Night Fever. Nos anos 1980 interpretou roles cómicos e dramáticos en diversos filmes, entre eles The Big Picture e UHF. Mais o seu salto á fama produciuse na década de 1990 cando desempeñou o papel de Fran Fine na comedia de situación A Nanny, que se emitiu entre 1993 e 1999 na cadea CBS. Polo seu desempeño nesta serie recibiu varios nomeamentos aos premios Emmy e Globo de Ouro. No 2000 diagnosticóuselle un cancro de útero, polo que se mantivo relativamente afastada da interpretación até que en 2005 retornou á televisión cunha nova serie, Living with Fran, aínda que non con tanto éxito como na súa anterior comedia. Posteriormente intentou rexurdir a súa carreira televisiva presentando o programa de entrevistas The Fran Drescher Tawk Show (2010) e protagonizando a serie Happily Divorced (2011).
Primeiros anos
Fran Drescher naceu en Queens, Nova York, en 1957; sendo a segunda das dúas fillas do matrimonio conformado por Sylvia Drescher, unha vendedora, e Morty Drescher, un analista de sistemas. Descende de familia xudía. En 1973 gañou un concurso de beleza, onde obtivo o título de "Miss New York Teenager" ("Miss Nova York adolescente"). Drescher graduouse no Hillcrest High School en Jamaica, Queens en 1975.[1][2] Pouco despois inscribiuse nunha escola de cosmetoloxía e peiteado. Cando obtivo o seu título, abriu o seu propio salón de beleza. Finalmente, Drescher trasladouse co seu noivo Peter Marc Jacobson (que coñecera no Hillcrest High School) á cidade de Os Ánxeles en 1976 para poder converterse en actriz.
Carreira
Primeiros traballos
Drescher debutou como actriz na película musicalSaturday Night Fever en 1977. Neste filme desempeñou o papel de Connie, unha amiga ocasional do personaxe de John Travolta. A partir de aí interpretou a mozas inxenuas en comedias e películas románticas. Os seus mellores traballos desta época foron sobre todo as súas intervencións en American Hot Wax (1978), Summer of Fear (1978), The Hollywood Knights (1980) e Ragtime (1981). As súas películas posteriores inclúen Rock 'n' Roll Mom (1988), The Big Picture (1989) e UHF (1989). En 1991, Drescher foi elixida para protagonizar a serie televisiva Princesses. A comedia tivo unha baixa audiencia, polo que foi retirada da programación ao finalizar a primeira temporada.
A Nanny, progreso no cine e debut teatral
Na década de 1990, Drescher creou canda ao seu entón esposo, Peter MacJacobson, a comedia de situaciónA Nanny (A Nanny na TVG). Emitiuse desde 1993 até 1999 na cadea estadounidense CBS, durante seis temporadas consecutivas. O programa fíxose moi popular nas súas primeiras temporadas en parte grazas ao enxeño humorístico de Drescher, o que a converteu nunha celebridade de fama internacional.
Debido ao éxito que tivo mundialmente A Nanny, realizáronse numerosas adaptacións na década de 2000 en países como a Arxentina, Chile, Ecuador, Grecia, Indonesia, Italia, México, Polonia, Rusia, Turquía e España. En 2004, Drescher reuniuse co elenco orixinal da serie no programa especial The Nanny Reunion: A Nosh to Remember emitido na cadea Lifetime.
Living with Fran, voz de animación e The Fran Drescher Show
Logo de cinco anos de relativa inactividade laboral, Drescher volveu á televisión en 2005 cunha nova comedia da canle Warner Bros., chamada Living with Fran.[3] Alí desempeñou o papel de Fran Reeves, unha muller de mediana idade, nai de dous adolescentes, que convive cun rapaz vinte anos menor que ela, personaxe interpretado por Ryan McPartlin.[4] Na comedia tamén apareceu o actor Charles Shaughnessy, quen desempeñou o papel de Ted, ex esposo da personaxe de Fran.[5] A serie recibiu moi boas críticas pero unha baixa audiencia, polo que se retirou da programación en 2006 ao finalizar a segunda temporada. Ao igual que na comedia A Nanny, Drescher traballou alí como guionista, produtora e directora nalgúns capítulos.[6]
Tras a cancelación de Living with Fran, a actriz participou no oitavo episodio da sexta temporada da serie televisiva Law & Order: Criminal Intent, que foi emitido en novembro de 2006.[7]
En 2006, Drescher prestou a súa voz para a serie televisiva The Simpsons no episodio "Treehouse of Horror XVII". Este foi o cuarto episodio da décimo oitava temporada da serie e o décimo sétimo especial de Halloween. O episodio, escrito por Peter Gaffney e dirixido por David Silverman e Matthew C. Faughnan, contou ademais coa participación de Sir Mix-a-Lot, Phil McGraw, Richard Lewis e Maurice LaMarche. Ao ano seguinte, volveu traballar como actriz de voz; esta vez como a peixe espada Pearl na película de animaciónShark Bait.[8]
En febreiro de 2008, apareceron novas noticias de Drescher, xa de 50 anos. A humoristaRosie O'Donnell anunciou no seu sitio web que ela e a actriz estaban en conversacións coa cadea estadounidense NBC para realizar unha comedia de situación xuntas, a cal se chamaría The New 30.[9] Respecto ao argumento da comedia, Drescher sinalou: "Trátase dunha serie que amosa a vida de dúas mulleres que viven nun edifico de Manhattan, pero son moi diferentes. Son mulleres que atravesan a crise da mediana idade." Finalmente, NBC non aprobou a filmación do episodio piloto da serie, a pesar que se xerara unha grande expectativa nos medios de comunicación e no público en ver a ambas comediantas nun mesmo programa televisivo.[10] No mesmo ano, Drescher desempeñou o papel de Morgana, unha fada da mitoloxía celta, nunha emisión del programa Live From Lincon Center, titulada "Camelot", a cal se emitiu en vivo.[11]
A finais de 2009, Drescher apareceu no ciclo televisivo de entrevistas The Ellen DeGeneres Show, onde presentou a súa liña de cremas para o coidado da pel.[12] En xaneiro de 2010, a actriz participou do teletón organizado polo actorGeorge Clooney para axudar á reconstrución da cidade de Porto Príncipe, Haití, logo que esta sufrira un devastador terremoto.[13] Logo, a actriz fixo públicos os preparativos do seu próximo proxecto televisivo, un programa de entrevistas diúrno titulado The Fran Drescher Tawk Show.[14] Emitiuse na cadea Fox só durante tres semanas.[15]
Happily Divorced e outras aparicións
A finais de 2010, Drescher fixo públicos os preparativos do seu próximo proxecto televisivo, unha comedia de situación que a tería como protagonista, guionista e produtora executiva. A serie foi titulada Happily Divorced e comezou a emitirse na cadea estadounidense TV Land a partir de xuño de 2011. Alí representa o papel dunha muller de idade madura que se divorcia cando descobre que o seu marido é gay.[16] Comparte créditos con Rita Moreno, no papel de súa nai, John Michael Higgins e Tichina Arnold. Recibiu recensións positivas e unha boa audiencia.
Vida persoal
Drescher e Peter Marc Jacobson coñecéronse cando ambos asistían á escola secundaria a comezos dos anos setenta e casaron legalmente en 1978. O matrimonio durou oficialmente até 1999, aínda que xa se separaran en 1996. A parella non tivo fillos.
En 1985, a actriz sufriu un abuso sexual por parte dun dos ladróns que entraron no departamento que habitaba xunto ao seu daquela home na cidade dos Ánxeles. Nunha entrevista co xornalista e presentador Larry King dixo que aínda que se tratou dunha experiencia moi negativa, encontrou a maneira de convertela en algo positivo. No seu libro autobiográfico Cancer Schmancer, citou: "A miña vida enteira foi acerca dos cambios negativos en positivos".
En 2010, Drescher admitiu nunha entrevista que o seu ex-esposo era homosexual. É por iso que a actriz o acompañou en 2008 a unha manifestación a favor do matrimonio entre homosexuais. "Agora somos mellores amigos", comentou.
Filantropía e activismo político
Drescher integrou moitos grupos humanitarios e doou diñeiro a distintas fundacións ao longo da súa vida. Despois de que se lle diagnosticara un cancro de útero, converteuse nunha das principais figuras públicas en brindar apoio ás mulleres vítimas desta enfermidade. En 2007 creou a fundación Cancer Schmancer Movement, entidade cuxa misión humanitaria é axudar a organizacións que tratan enfermos de cáncer.
En 2008, Drescher foi nomeada embaixadora estadounidense de boa vontade. A secretaria de Estado adxunta para Asuntos Educativos e Culturales, Goli Ameri, anunciou formalmente o nomeamento da actriz en setembro dese ano en Washington. As razóns da súa elección foron expostas nun comunicado oficial que dicía: "Drescher foi nomeada aos premios Globo de Ouro e Emmy, sobreviviu ao cancro e é fundadora da organización sen fins de lucro Cancer Schmancer Movement. Apoiará os esforzos diplomáticos públicos estadounidenses, incluíndo traballar con organizacións de saúde e grupos de mulleres para espertar a conciencia sobre temas de saúde feminina como a detección do cáncer e os dereitos dos pacientes."
A finais de 2008, Drescher asistiu a unha recadación de fondos en beneficio do candidato demócrataBarack Obama, con quen traballou na elaboración da Lei para a Educación e Prevención do Cancro Xinecolóxico. O evento contou coa participación tamén doutros actores, como Jamie Foxx e Lucy Liu. Os asistentes pagaron 2.300 dólares cada un para acudir á festa efectuada nunha residencia privada de Beverly Hills.
En 2009 actuou xunto ao políticoBill Clinton e a tamén actriz Elke Winkens na gala benéfica Life Ball en Viena, en actividades para promover a conciencia pública sobre a situación das vítimas da sida e en recudar fondos para organizacións que axudan a persoas con esta enfermidade.