Rosa Dolores Alverío[1], nada en Humacao o 11 de decembro de 1931 é unha actriz portorriqueña, coñecida como Rita Moreno. É unha das poucas persoas que gañou os catro principais premios estadounidenses do mundo do espectáculo, Oscar, Tony, Emmy e Grammy.[2]
Traxectoria
Coñecida cando nena como "Rosita", mudouse coa súa nai a Nova York en 1936, adoptando o apelido do seu primeiro padrasto. Pouco despois comezou as clases de baile con "Paco Cansino", familiar de Rita Hayworth.[3] Con once anos puxo a súa voz en versións en castelán de filmes estadounidenses. Debutou en Broadway con trece anos.
Comezou a actuar no cinema en 1952 e en 1961 interpretou a Anita no filme West Side Story, personaxe que interpretara Chita Rivera en Broadway. Por este papel gañou o Oscar á mellor actriz secundaria. A pesar do éxito seguiu recibindo papeis estereotipados de latina.[4]
Entre 1971 e 1977 participou no programa infantil The Electric Company interpretando varios personaxes, especialmente Millie the Helper. Ademais de pequenos papeis noutras series, interpretou unha das protagonistas da serie Nine to Five a principios da década de 1980.
A mediados da década seguinte foi a voz de Carmen Sandiego na serie animada Where on Earth is Carmen Sandiego?.[5]
Filmografía
Ano
|
Título
|
1950
|
So Young So Bad
|
1950
|
The Toast of New Orleans
|
1950
|
Pagan Love Song
|
1952
|
The Ring
|
1952
|
Singin' in the Rain
|
1952
|
The Fabulous Senorita
|
1952
|
Cattle Town
|
1953
|
Fort Vengeance
|
1953
|
Ma and Pa Kettle on Vacation
|
1953
|
Latin Lovers
|
1953
|
El Alaméin
|
1954
|
Jivaro
|
1954
|
The Yellow Tomahawk
|
1954
|
Garden of Evil
|
1955
|
Untamed
|
1955
|
Seven Cities of Gold
|
1956
|
The Lieutenant Wore Skirts
|
1956
|
The King and I
|
1956
|
The Vagabond King
|
1957
|
The Deerslayer
|
1960
|
This Rebel Breed
|
1961
|
West Side Story
|
1961
|
Summer and Smoke
|
1963
|
Cry of Battle
|
1968
|
The Night of the Following Day
|
1969
|
Popi
|
1969
|
Marlowe
|
1971
|
Carnal Knowledge
|
1976
|
The Ritz
|
1977
|
Voodoo Passion
|
1978
|
The Boss' Son
|
1980
|
Happy Birthday, Gemini
|
1981
|
The Four Seasons
|
1991
|
Age Isn't Everything
|
1993
|
Italian Movie
|
1994
|
I Like It Like That
|
1995
|
Angus
|
1998
|
Slums of Beverly Hills
|
1999
|
Carlo's Wake
|
2000
|
Blue Moon
|
2001
|
Piñero
|
2003
|
Casa de los Babys
|
2004
|
King of the Corner
|
2006
|
Play It By Ear
|
2014
|
Six Dance Lessons in Six Weeks
|
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas