Don Lockwood é unha romántica estrela do cine mudo a quen custou moito chegar até a cima. Até chegar a triunfar en Hollywood levou un longo camiño en compañía do seu íntimo amigo Cosmo Brown. Agora forma parella con Lina Lamont, unha bela moza, non tan parva como parece, pero bastante turbia nas súas intencións. Son a parella de moda dos estudios cinematográficos que dirixe R.F. Simpson. Tras unha das estreas, Don coñece a Kathy Selden, unha actriz de teatro aínda descoñecida, que primeiro menospreza a arte do cine e logo sae dunha torta resultando ser unha das bailarinas do coro que vai á festa.
Don e Kathy namóranse. Paralelamente, produciuse un terremoto na industria cinematográfica: o cine sonoro chega arrasando. O público quere máis e hai que reconverter o último filme de Lockwood e Lamont en musical, o que non sería un problema se non resultase que Lina Lamont ten unha voz de rata completamente inservible para o cine.
Personaxes
Gene Kelly como Don Lockwood. A súa interpretación na canción "Singin' in the Rain" é considerada no presente como unha icona.[5]
Debbie Reynolds como Kathy Selden. Os directores Gene Kelly e Stanley Donen insistiron que Reynolds sempre foi a súa primeira nas súas mentes para interpretar o papel.[6] Malia que o filme explora a idea de que Kathy ten que dobrar a voz de Lina, na escena onde Kathy está a dobrar o diálogo de Lina ("Our love will last 'til the stars turn cold"), úsase a voz normal de Jean Hagen.[7][8][9]
Donald O'Connor como Cosmo Brown, o compañeiro de toda a vida de Don e artista de vaudeville, quen se converte no xefe do departamento musical de Monumental Pictures.
Jean Hagen como Lina Lamont. Despois do seu papel en A xungla do asfalto, Hagen foi presentada para o papel polo produtor Arthur Freed. Fixo unha imitación incrible de Judy Holliday na personaxe de Billie Dawn do filme Nacida onte, para a cal Hagen fixera unha profunda investigación de Holliday; que lle fixo gañar o papel.[10]
Millard Mitchell como R.F. Simpson. As iniciais do xefe ficticio de Monumental Pictures son unha referencia ó produtor Arthur Freed. R.F. tamén emprega unha das expresións favoritas de Freed cando di que el "cannot quite visualize it" e que ten que velo no filme primeiro, referíndose á secuencia de "Broadway Melody". Isto trátase dunha broma, xa que a audiencia acaba de ver a secuencia.
Cyd Charisse como a muller de pernas longas no vestido verde e cabelo Louise Brooks que baila con Gene Kelly na secuencia "Broadway Melody".
Douglas Fowley como Roscoe Dexter, o director dos filmes de Don e Lina.
↑Betty Comden and Adolph Green (2002). The story Behind Singin' in the Rain: Now It Can be Told, reprint of the Singin' In the Rain screenplay introduction, originally published in 1972, included in the liner notes of the Music from the original motion picture soundtrack (deluxe edition) Singin' in the Rain double CD by Rhino Entertainment and Turner Classic Movies.
↑Osborne, Robert. TCM commentary, "Singing in the Rain."
Telek, Scott (11 de novembro de 2007). "Speaking vs. Dancing in the Rain". Cinema de Merde. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2012. Consultado o 14 de febreiro de 2016.