Saturday Night Fever é un filme estadounidense de 1977 dirixido por John Badham. Está protagonizado por John Travolta no papel de Tony Manero, un mozo de clase traballadora que dedica os seus fins de semana a bailar e beber nunha discoteca de Brooklyn, por Karen Lynn Gorney que interpreta a Stephanie Mangano, a súa compañeira de baile e confidente eventual, e por Donna Pescow como Annette, a antiga compañeira de baile de Tony. Mentres está na discoteca, Tony é a estrela da pista. O seu círculo de amizades e o bailar a fin de semana axúdano a superar a súa difícil realidade; un traballo sen futuro, discusións cos seus pais, as tensións raciais na comunidade e a súa inquietude xeral.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas