Eleccións xerais de España de 1936

Eleccións xerais de España de 1936
 ← 1933 Editar o valor en WikidataEspaña Editar o valor en Wikidata 1977 Editar o valor en Wikidata  → 
Data16 de febreiro de 1936 Editar o valor en Wikidata
TipoEleccións xerais en España e Pucheirazo Editar o valor en Wikidata
Cargo elixidodeputado nas Cortes republicanas Editar o valor en Wikidata
Resultado da votación Editar o valor en Wikidata

Os días 16 e 23 de febreiro de 1936 celebráronse en España as terceiras e derradeiras eleccións xerais da Segunda República Española. As eleccións deron o triunfo á coalición de esquerdas denominada Fronte Popular (Front d'Esquerres en Cataluña e Valencia), que, con máis do 60% dos deputados electos, agrupaba a PSOE, Izquierda Republicana, Unión Republicana, ERC, PCE, Acció Catalana, POUM, Partido Sindicalista e outros. Con todo, non obtiveron o 50% en canto a voto se refire. É difícil calcular cantos votos recibiu cada partido, xa que a lei electoral era por listas abertas, e non é posible dicir cantos votos obtivo cada candidatura, xa que os votantes podían elixir candidatos de distintas listas para cada un dos escanos da súa circunscrición. O certo é que o goberno nunca publicou os resultados na súa integridade.[1]

Segundo dispoñía a Lei electoral vixente daquela, a mecánica de adxudicación das actas de deputados era complexa e necesitaba de tempo para levar a cabo o escrutinio xeral, unha segunda volta onde fose necesario e a discusión das Actas no Parlamento. En 1933 o presidente do Goberno dirixiu a segunda volta presentando ao Parlamento os resultados. A dimisión de Portela Valladares o 19 de febreiro vai permitir á Fronte Popular a ocupación do Goberno para, desde el, acabar de redondear os resultados e forzar a maioría. A dimisión de Portela arrastrou a de moitos gobernadores provinciais que dimitiron aterrados sen esperar a chegada duns substitutos adecuados.[2]

As coalicións electorais

José Antonio Primo de Rivera, fundou a Falange Española de las JONS no 1934.
Diego Martínez Barrio.

En abril de 1935, Manuel Azaña alcanzou un pacto de "Conjunción Republicana" entre o seu propio partido Izquierda Republicana, a Unión Republicana de Diego Martínez Barrio e o Partido Nacional Republicano de Felipe Sánchez-Román. A mediados de novembro de 1935 Azaña ofreceu ao PSOE a formación dunha coalición electoral en base a ese acordo,[3] pero mentres que o sector socialista encabezado por Indalecio Prieto apoiábao, o sector encabezado por Francisco Largo Caballero era reticente ao mesmo e para reforzar a parte obreira da coalición impuxo a inclusión do Partido Comunista de España (PCE) no mesmo, o que motivou a saída da Conjunción Republicana do partido de Sánchez Román. A firma do pacto da coalición electoral entre os republicanos de esquerda e os socialistas tivo lugar o 15 de xaneiro de 1936. O PSOE cando o asinou fíxoo tamén en nome do PCE e doutras organizacións obreiras (o Partido Sindicalista de Ángel Pestaña e o POUM).[3]

O programa da coalición, que comezou a ser chamada Fronte Popular, malia que ese termo non aparecía no documento asinado o 15 de xaneiro e de que era un nome que nunca aceptou Azaña,[4] era o dos republicanos de esquerda (e só se mencionaban as aspiracións das forzas obreiras coas que os republicanos de esquerda non estaban de acordo). O programa incluía, en primeiro lugar, a amnistía para os delitos "políticos e sociais" (o excarcelamiento de todos os detidos pola Revolución de 1934), a continuidade da lexislación reformista do primeiro bienio e a reanudación dos procesos de autonomía das "rexións", que levaba aparellada a reforma do Tribunal de Garantías Constitucionais. O goberno estaría formado exclusivamente por republicanos de esquerda e o socialistas dar o seu apoio desde o parlamento para cumprir o programa pactado. Así pois, a alianza de 1936 era circunstancial, limitada ás eleccións, e xa que logo ben diferente á de 1931.

Fronte á coalición electoral das esquerdas, as dereitas non puideron opoñer como en 1933 unha fronte homogéneo, porque a CEDA, no seu intento de obter o poder e evitar o triunfo da esquerda, aliouse nunhas circunscricións coas forzas antirepublicanas (monárquicos afonsinos, carlistas) e noutras co centro-dereita republicano (radicais, demócrata-liberais, republicanos progresistas), polo que foi imposible presentar un programa común. O que pretendía formar Gil-Robles era unha "Fronte Nacional Antirrevolucionario" ou unha Fronte da Contrarrevolución, baseado máis en consignas anti que nun programa concreto de goberno, para sumar o maior número de forzas políticas e impedir o triunfo da esquerda (Contra a revolución e os seus cómplices, foi un dos seus slogans; ¡Por Deus e por España! foi outro; e suscitou a campaña como unha batalla entre a España católica... e a revolución espantosa, bárbara, atroz). Non se reeditou, pois, a Unión de Dereitas de 1933 como esixían os monárquicos, polo que os afonsinos de Renovación Española presentáronse en varias circunscricións en solitario co nome de Bloque Nacional, cuxo líder era José Calvo Sotelo.[5][6]

Ás eleccións tamén se presentou unha terceira opción centrista encabezada polo presidente do goberno Portela Valladares e auspiciada por quen lle nomeou, o presidente da República Niceto Alcalá-Zamora, que pretendía consolidar un centro republicano que superase a bipolarización xurdida da Revolución de 1934. Esta foi unha das razóns da convocatoria de eleccións.

Candidatos proclamados

O 9 de febreiro faise a proclamación de candidatos. En total 1.025 para cubrir os 473 postos.

Resumo de candidatos proclamados[7]
Dereitas Candidatos Esquerdas Candidatos
Confederación Española de Derechas Autónomas (José María Gil-Robles) 177 Unión Republicana (Diego Martínez Barrio) 52
Renovación Española (José Calvo Sotelo) 40 Izquierda Republicana (Manuel Azaña) 120
Comunión Tradicionalista 32 Partido Socialista Obrero Español (Francisco Largo Caballero) 125
Monárquicos independentes 13 Partido Comunista de España (José Díaz Ramos) 85
Partido del Centro Democrático (Manuel Portela Valladares) 89 Partido Sindicalista (Ángel Pestaña) 1
Partido Republicano Radical (Alejandro Lerroux) 88 Esquerra Republicana de Catalunya (Lluís Companys) 30
Partido Republicano Liberal Demócrata (Melquiades Álvarez) 8 Partido Nacionalista Vasco (Doroteo de Ziáurriz) 12
Partido Agrario Español (José Martínez de Velasco) 33 Partido Obrero de Unificación Marxista (Joaquín Maurín) 1
Partido Republicano Conservador (Miguel Maura) 19
Republicanos independientes 23
Lliga Catalana (Francesc Cambó) 21
Independientes 37
Falange Española de las JONS (José Antonio Primo de Rivera) 44
Total dereitas 624 Total esquerdas 363

O distrito que achegaba o maior número de deputados era o correspondente á cidade de Barcelona con 20 deputados, 16 asignados á maioría e 4 á minoría. Á candidatura do Fronte Popular de Lluís Companys enfróntase o Fronte Catalana de Orden de Juan Ventosa Calvell.

No distrito de Madrid, capital elixíanse 17 deputados, correspondendo 13 á maioría e 4 á minoría. Optaban á maioría dúas candidaturas, a do Fronte Popular encabezada por Francisco Largo Caballero e a do autodenominado Frente Nacional Contrarrevolucionario de José María Gil-Robles. A terceira, Falange Española, de José Antonio Primo de Rivera, era testimonial e estaba formada por só catro candidatos.

O Frente Nacional Contrarrevolucionario denunciou o roubo e desaparición de actas electorais favorables en nove provincias, aínda que non proporcionou probas ás súas denuncias.

Mapa do resultado das eleccións de febreiro de 1936 por provincias: nas que gañou a esquerda marcadas en vermello, nas que gañou a dereita en azul e nas que gañou o centro en verde

A participación foi do 76% do censo,[8] aínda que outros historiadores dan a cifra do 72,9%. De todos os xeitos foron as eleccións que rexistraron a participación máis alta das tres que tiveron lugar durante a Segunda República, o que se atribuíu ao voto obreiro que non seguiu as habituais consignas abstencionistas dos anarquistas.

O sistema electoral de listas abertas en vigor durante a Segunda República permitía a cada elector repartir os seus votos entre candidatos de todas as tendencias políticas. Por iso, aínda que se coñecen con exactitude os votos obtidos por cada candidato individualmente, é difícil cuantificar o apoio popular recibido por cada partido ou coalición. No entanto realizáronse cálculos que tratan de estimar cantos electorais votaron a esquerdas, a dereitas ou a centro. A primeira estimación foi realizada pola Secretaría Xeral da Presidencia da República [9]

Esquerdas Centro Dereitas
Sufraxios (estimación) 4 363 903 556.008 4 155 153
Porcentaxe de sufraxios (estimación) 48% 6% 46%

O estudo máis completo sobre os resultados e en xeral sobre as eleccións de 1936, que segue sendo o que realizou nos anos 70 o historiador Javier Tusell, dá unhas cifras similares, é dicir, unha repartición moi equilibrada de votos cunha leve vantaxe das esquerdas (47,1%) sobre as dereitas (45.6%), mentres o centro limitouse ao 5,3%. Pero como o sistema electoral republicano primaba aos ganadores isto traduciuse nunha folgada maioría para a coalición da Fronte Popular.[10]

Composición do Congreso dos Deputados

A segunda volta electoral efectuouse naqueles sitios onde a lista electoral máis votada recibira menos do 40% dos votos: Áraba, Guipúscoa, Biscaia, Castelló e Soria. As coacciones provocaron a retirada dos candidatos dereitistas ou a súa derrota ata naqueles lugares en que se obtivo a vitoria parcial na primeira volta. Así, nas provincias vascongadas o doutor Berástegui, vicario xeral do bispado de Vitoria, declarou que os reaccionarios eran tan católicos como as chamadas dereitas e que lícitamente podíaselles votar. Ante esta declaración o Frente Nacional Contrarrevolucionario retira as súas candidaturas recomendando que votasen a candidatura nacionalista.

Por fraudes atribuídas ás dereitas durante a emisión dos votos, declaráronse nulas as eleccións de Cuenca e Granada.

O 3 de abril quedaba constituidan as Cortes Españolas con 21 postos vacantes. A comezos de maio repetíronse as eleccións en Cuenca e Granada. En Granada as dereitas retiráronse e, en Cuenca rexistrouse un triunfo da Fronte Popular. Trala segunda volta, os recortes da Comisión de Actas e a repetición das eleccións en Granada e Cuenca, a composición da Cámara quedaba así:[11][12]

Eleccións xerais en España, 16 de febreiro de 1936
Partido Primeira volta
(Febreiro)
Escanos finais
(Maio)
% Esc. +/-[nb 1]
Partido Socialista Obrero Español (PSOE)
88 / 473
99 / 473
20,9 Crecente (crecemento) 40
Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA)
101 / 473
88 / 473
18,6 Decrecente 27
Izquierda Republicana (IR)
79 / 473
87 / 473
18,4
Unión Republicana (UR)
34 / 473
37 / 473
7,8
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC)
22 / 473
21 / 473
4,4 Crecente (crecemento) 4
Partido Comunista de España (PCE)
14 / 473
17 / 473
3,5 Crecente (crecemento) 16
Partido del Centro Democrático (PCD)
21 / 473
17 / 473
3,5
Renovación Española (RE)
10 / 473
12 / 473
2,5 Decrecente 2
Lliga Catalana
12 / 473
12 / 473
2,5 Decrecente 12
Partido Agrario Español (PAE)
1 / 473
10 / 473
2,1 Decrecente 20
Comunión Tradicionalista (CT)
15 / 473
9 / 473
1,9 Decrecente 12
Partido Nacionalista Vasco (PNV)
12 / 473
9 / 473
1,9 Decrecente 2
Partido Republicano Progresista (PRP) a
6 / 473
6 / 473
1,2 Crecente (crecemento) 3
Independentes de dereitas
10 / 473
7 / 473
1,5 Decrecente 11
Partido Republicano Radical (PRR) a
6 / 473
5 / 473
1,1 Decrecente 97
  Acció Catalana Republicana (ACR) b
5 / 473
5 / 473
1,1
Republicanos de centro independientes
0 / 473
4 / 473
0,8 Decrecente 1
  Unió Socialista de Catalunya (USC) b
3 / 473
3 / 473
0,8 Crecente (crecemento) 1
Independentes de esquerdas
4 / 473
3 / 473
0,6 Crecente (crecemento) 3
Partido Republicano Conservador (PRC)
2 / 473
3 / 473
0,6 Decrecente 14
Partido Galeguista (PG) c
3 / 473
3 / 473
0,6 Crecente (crecemento) 3
Partido Republicano Democrático Federal (PRDF)
2 / 473
2 / 473
0,4 Decrecente 2
Partido Republicano Liberal Demócrata (PRLD) d
1 / 473
2 / 473
0,4 Decrecente 7
Partit Nacionalista Republicà d'Esquerra (PNRE) b
1 / 473
2 / 473
0,4
Unió de Rabassaires b
2 / 473
2 / 473
0,4 Crecente (crecemento) 1
Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM) b
1 / 473
1 / 473
0,2
Partido Sindicalista
1 / 473
1 / 473
0,2
Partido Nacionalista Español (PNE) d
1 / 473
1 / 473
0,2 0
Partit Català Proletari (PCP) b
1 / 473
1 / 473
0,2
Esquerra Valenciana (EV) b
1 / 473
1 / 473
0,2
Partido Regionalista de Mallorca (PRM)
0 / 473
1 / 473
0,2 0
Partido Mesócrata
0 / 473
1 / 473
0,2
  Falange Española de las JONS
0 / 473
0 / 473
Decrecente 1
Notas

a Integráronse no grupo parlamentario Republicano xunto ao PCD.
b Integráronse no grupo parlamentario Esquerra Catalana xunto ao ERC.
c Integrouse no grupo parlamentario Izquierda Republicana xunto ao IR.
d Integráronse no grupo parlamentario Bloque Nacional xunto ao RE.

Deputados nas provincias galegas

A Coruña

Lugo

Pontevedra

Ourense

Anulacións

A tarde do 15 de marzo de 1936 as Cortes celebran sesión preparatoria, acordando a súa constitución interina para o día seguinte. Os deputados do Fronte Popular incorporados, prorrompen en vítores á República e en insultos ao presidente, o deputado de maior idade Ramón de Carranza:

«...Por primeira vez na historia do parlamentarismo español resoou con ecos de gloriosas chamadas á loita o himno revolucionario do proletariado universal. O himno oficial do pais libre e feliz do socialismo a marcha que abeira a vitoria da inmensa Unión Soviética. O canto de guerra antifascista, o que cantaban os minerios asturianos cando, fusil no ombro, se dirixían a conquistar Oviedo: La Internacional. Himno de guerra, afirmación da fe revolucionaria. Este é o himno que onte, na primeira sesión das Cortes, cantaron, fundidos os sentimentos acordes no entusiasmo, os deputados comunistas e a maioría dos deputados socialistas...» [13].
Mundo Obrero, 17 de marzo de 1936.

Cando os teóricos vencedores poñen o grito no ceo e presentan unha serie de recursos, os distintos grupos parlamentarios crean unha Comisión de Validez das Actas Parlamentarias presidida por Indalecio Prieto. A partir deste momento comeza o exame de actas protestadas, cuxo número supera as duascentas, a maioría das cales correspondían a deputados de dereitas adiante, o que supuxo a anulación de escanos á dereita.

Das 456 actas presentadas, unicamente 187 son sen protesta. Así no primeiro reconto a CEDA obtivo 101 deputados; ao final obtivo 88. A Comisión retira a condición de deputado a 12 electos (once deles da oposición parlamentaria e un do PSOE), proclamando ao seguinte máis votado no seu lugar (sete deles da Fronte Popular, 2 de dereitas e 3 de centro). Tamén anula o resultado nalgunhas mesas da provincia de Cuenca e ordena repetir na provincia de Granada.

Valoracións

Ditame franquista

A ditadura franquista tratou de xustificar retrospectivamente o golpe de Estado que acabou coa República. Un dos elementos do Ditame da Comisión sobre ilexitimidade de poderes actuantes o 18 de xullo de 1936, que se fixo público a principios de abril de 1939, é que houbera fraude nestas eleccións, xa que os resultados serían falseados para favorecer ao Fronte Popular: falsificacións de votos, violencias, novo goberno formado antes da segunda volta electoral e á arbitraria revisión posterior de actas en prexuízo das dereitas,[14] porén, nun primeiro momento anterior ao golpe do 18 de xullo os partidos de dereitas aceptaron os resultados.[15]

Alcalá Zamora

Estandarte Presidencial de Niceto Alcalá-Zamora.

Para o entón presidente da república, Niceto Alcalá Zamora, os resultados sufriron alteracións fundamentais no transcurso das horas, e nos días seguintes á elección pola fuxida dos gobernadores, intromisión dos Comités da Fronte Popular na falsificación de actas, por amaños nas votacións e por outras fraudes.[16]

"... A pesar dos reforzos sindicalistas, a Fronte Popular obtiña só un chisco máis, moi pouco, de 200 actas, nun Parlamento de 473 deputados. Resultou a minoría máis importante; pero a maioría absoluta escapábaselle. Porén, logrou conquistala, consumindo dúas etapas a toda velocidade, violando todos os escrúpulos de legalidade e de conciencia...[17].
"... Primeira etapa: dende o 17 de febreiro, mesmo dende a noite do 16, a Fronte Popular, sen agardar á fin do reconto do escrutinio e a proclamación dos resultados, a que debería ter tido lugar ante as Xuntas Provinciais do Censo o xoves 20, desencadeou na rúa a ofensiva da desorde..." [18].
"... Segunda etapa: conquistada a maioría deste xeito, foille fácil facela abrumadora. Reforzada cunha estraña alianza cos reaccionarios vascos, a Fronte Popular elixiu a Comisión de validez das actas parlamentarias..." [19].

Porén, o presidente do goberno da República, nomeado polo propio Alcalá Zamora coa pretensión de que este crease unha forza política de centro que puidera competir coas dereitas ou esquerdas declarou:

"... As eleccións realizadas en febreiro de 1936 con toda a orde desexada, consagraron o triunfo da Fronte Popular; teño, para afirmalo, a autoridade que me dá a presidencia deste Goberno. A xestión electoral foi recoñecida polos partidos da dereita como unha legalidade da súa derrota. Non pode falarse en xustiza de que se falseara o sufraxio, porque iso significaría un alegre embuste. Estou disposto a afirmalo en todo momento, para que a conduta de cadaquén quede no seu lugar... [20].

[21]

Notas

  1. Con respecto ás Eleccións xerais de 1933.
  1. Bolinaga, Iñigo (2012). Breve Historia de la Guerra Civil Española. Ediciones Nowtilus. p. 523. ISBN 9788499673387. 
  2. Portela Valladares resistira a todas as invitacións que se lle fixeron para restablecer a orde pública, sobre todo por parte de Francisco Franco, xefe do Estado Maior Central, e de José María Gil-Robles. Se esta cesión debíase ao puro pánico ou foi froito dun pacto cos dirixentes da Fronte Popular -como afirma Gil-Robles nas súas memorias- é cuestión difícil de discernir.
  3. 3,0 3,1 (Gil Pecharromán 1997, p. 97)
  4. (Casanova 2007, p. 150)
  5. (Gil Pecharromán 1997, p. 116)
  6. (Juliá 1999, p. 110)
  7. "ABC (Madrid) - 10/02/1936, p. 19 - ABC.es Hemeroteca". 2010. Consultado o 26 de xullo de 2010. 
  8. José Luis Martín Ramos, "La sublevación de julio de 1936" en Víctor Hurtado, La sublevación, pp.4-7
  9. Facsímile do documento mecanografado orixinal en Jorge Fernández Copel, ed. (2011). Niceto Alcalá-Zamora: Asalto á República. Xaneiro-Abril de 1936. A esfera dos libros. , p.445
  10. (Casanova 2007, pp. 154-155)
  11. "II República Española". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2009. Consultado o 17 de xaneiro de 2014. 
  12. "historiaelectoral.com". 
  13. Por primera vez en la historia del parlamentarismo español ha retumbado con ecos de gloriosas llamadas a la lucha el himno revolucionario del proletariado universal. El himno oficial del pais libre y feliz del socialismo la marcha que orla la victoria de la inmensa Unión Soviética. El canto de guerra antifascista, el que cantaban los mineros asturianos cuando, fusil al hombro, se dirigían a conquistar Oviedo: La Internacional. Himno de guerra, afirmación de la fe revolucionaria. Éste es el himno que ayer, en la primera sesión de las Cortes, cantaron, fundidos los sentimientos acordes en el entusiasmo, los diputados comunistas y la mayoría de los diputados socialistas.
  14. "La Constitución en ruinas - Presente y pasado - Pío Moa". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 17 de xaneiro de 2014. 
  15. Diario de sesiones, 26 de marzo de 1936
  16. Niceto Alcalá Zamora:Los caminos del Frente Popular, Journal de Genéve, 17 de enero de 1937
  17. A pesar de los refuerzos sindicalistas, el Frente Popular obtenía solamente un poco más, muy poco, de 200 actas, en un Parlamento de 473 diputados. Resultó la minoría más importante; pero la mayoría absoluta se le escapaba. Sin embargo, logró conquistarla, consumiendo dos etapas a toda velocidad, violando todos los escrúpulos de legalidad y de conciencia.
  18. Primera etapa: Desde el 17 de febrero, incluso desde la noche del 16, el Frente Popular, sin esperar al fin del recuento del escrutinio y la proclamación de los resultados, la que debería haber tenido lugar ante las Juntas Provinciales del Censo el jueves 20, desencadenó en la calle la ofensiva del desorden....
  19. Segunda etapa: conquistada la mayoría de este modo, le fue fácil hacerla aplastante. Reforzada con una extraña alianza con los reaccionarios vascos, el Frente Popular eligió la Comisión de validez de las actas parlamentarias...
  20. Las elecciones realizadas en febrero de 1936 con todo el orden deseado, han consagrado el triunfo del Frente Popular; tengo, para afirmarlo, la autoridad que me da la presidencia de este Gobierno. La gestión electoral fue reconocida por los partidos de la derecha como una legalidad de su derrota. No puede hablarse en justicia de que se falseó el sufragio, porque ello significaría un alegre embuste. Estoy dispuesto a afirmarlo en todo momento, para que la conducta de cada cual quede en su lugar...
  21. Las elecciones del Frente Popular, Buenos Aires, 1942, José Venegas, pp 31-32

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos