José Sabucedo Morales, nado en Santiago de Compostela o 23 de xullo de 1881 e finado en Ourense o 24 de xullo de 1937, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Era militante do Partido Conservador, co que foi elixido deputado provincial polo distrito Carballiño-Ribadavia dende 1915. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Monforte de Lemos nas eleccións de 1920. Pero as eleccións foron anuladas e en febreiro de 1921 foi nomeado presidente da Deputación de Ourense. Foi nomeado senador en 1923. Foi o primeiro presidente da Coral de Ruada (1919-1933). Durante a Segunda República militou en Renovación Española, coa que foi elixido deputado pola provincia de Ourense nas eleccións xerais de 1933 e nas de febreiro de 1936.