Eladio Pérez Romero, finado en Ourense o 13 de xaneiro de 1940[1] foi un político galego.
Traxectoria
Concelleiro en Ourense, foi nomeado alcalde en abril de 1909[2], permanecendo no cargo até xuño dese ano. Deputado provincial, foi vicepresidente da Deputación. Foi elixido presidente da Deputación de Ourense en agosto de 1921[3]. Na Segunda República militou no Partido Radical, foi nomeado membro da Comisión Xestora da Deputación en febreiro de 1934, permanecendo no cargo até decembro de 1935.
Vida persoal
Casou con María Avila Domínguez.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas