O Partido Nacionalista Español (PNE) foi un partido español de extrema dereita fundado en 1930 por José María Albiñana.
Historia e características
Tiña por lema "España sobre todas las cosas y sobre España inmortal sólo Dios" (España sobre todas as cousas e sobre España inmortal só Deus) e como símbolo a cruz de Santiago sobre fondo celeste. O partido xuntaba elementos do tradicionalismo católico e monárquico con outros tomados do fascismo italiano. Contaba cunha forza paramilitar denominada Legionarios de España, os seus membros vestían camisola azul e facían o saúdo romano. Nas eleccións de 1936 obtivo un deputado na provincia de Burgos, o propio Albiñana, que logo foi asasinado en prisión ao comezo da Guerra Civil española. Ao comezo da guerra os Legionarios de Albiñana integraron o Terzo Cid, e en xaneiro de 1937 integráronse no carlismo.
Galicia
O PNE tan só constituíu unha pequena agrupación local escasamente activa na cidade de Vigo, fóra diso carecía de calquera tipo de estrutura no país.
Véxase tamén
Bibliografía
- Palacios Bañuelos, Luis. Elecciones en Burgos 1931-1936. El Partido Nacionalista Español. Madrid: Publicaciones de la Cátedra de Historia Contemporánea de España. Universidad Complutense, 1981. ISBN 84-300-3447-1. (en castelán)