Daniel Guérin, nado en París o 19 de maio de 1904 e finado en Suresnes o 14 de abril de 1988, foi un escritor revolucionario francés, anti-colonialista, militante da emancipación homosexual, teórico moderno do comunismo libertario, historiador.
Traxectoria
Daniel Guérin empezou a militar nos anos 1930 cos sindicalistas revolucionarios da revista La Révolution prolétarienne de Pierre Monatte. Posicionouse en contra do colonialismo francés en lugares como a Indochina Francesa ou o Líbano.
A mediados dos anos 30 uniuse ó grupo La Gauche Révolutionnaire de Marceau Pivert. En 1938 esta corrente estaba excluída da SFIO (Sección Francesa da Internacional Obreira), creándose o PSOP (Parti socialiste ouvrier et paysan). Daniel Guérin foi un dos responsables diste partido, dentro do cal sitúase na esquerda e moi preto de Troski con quen leva correspondencia.
Guérin afastouse aos poucos do marxismo ortodoxo durante a guerra para achegarse ao anarquismo. A partir de 1959 e da publicación de Jeunesse du socialisme libertaire (Mocidade do socialismo libertario), buscou unha vía nova nunha síntese do anarquismo e do marxismo. Loitou para conciliar o mellor destes dous sistemas de pensamento e publicou Pour un marxisme libertaire(Para un marxismo libertario), logo À la recherche d'un communisme libertaire (Á procura dun comunismo libertario).
Obra
- Le mouvement ouvrier aux États-Unis (O movemento obreiro nos Estados Unidos)
- Sur le fascisme (Baixo o fascismo)
- Tomo 1 : La Peste brune (A peste negra)
- Tomo 2 : Fascisme et grand capital (Fascismo e gran capital)
- La lutte des classes sous la Première République (A loita de clases na Primeira República)
- Front populaire, révolution manquée (Fronte popular, revolución inexistente)
- Rosa Luxembourg et la spontanéité révolutionnaire (Rosa Luxemburg e a espontaneidade revolucionaria)
- L’Anarchisme (O Anarquismo)
- Pour un communisme libertaire (Para un comunismo libertario)
- Ni Dieu, Ni Maître - Anthologie de l'anarchisme (Nin Deus nin Amo. Antoloxía do anarquismo)
- tomo 1: Stirner, Proudhon, Bakunin, Debate de Paepe e Schwitzguebel, James Guillaume e Kropotkin.
- tomo 2: Malatesta, Émile Henry, Os anarquistas franceses nos sindicatos, Os colectivos españois - Voline, Makhno, Cronstadt, Os anarquistas rusos no cárcere, O anarquismo na guerra civil española.
- Homosexualité et révolution (Homosexualidade e revolución)
- Bourgeois et Bras nus. 1793-1795
- Les Antilles décolonisés (As Antillas descolonizadas)
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- DanielGuerin.info sobre a súa vida, obra e eventos relacionados. Xestionado por militantes, investigadores, membros da súa familia e a Association des amis de Daniel Guérin (en francés).
- Alternative libertaire, Alternative libertaire organización anarquista francesa que pretende ser herdeira das ideas de Guérin (en francés).