Carlos García Bayón, nado en Caldas de Reis o 1 de outubro de 1914 e finado en Xuño (Porto do Son) o 20 de xullo de 2003,[1] foi un mestre, escritor e xornalista galego.[2]
Traxectoria
Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. En decembro de 1937 Gustavo Kruckenberg nomeouno delegado local de Prensa e Propaganda en Caldas de Reis,[3] e en febreiro de 1938 foi destinado como mestre a Palmeira (Ribeira). [4] En Ribeira fundou en 1946 o Colexio Bayón, despois musealizado.[5]
Foi cronista oficial de Ribeira desde 1983[6] e Boiro[Cómpre referencia]. A partir de 1956 colaborou en diversas publicacións e catálogos como Compostela monumental (1993).
Obras
- Los caminos de Santiago en Galicia, 1991.
- Piedras ilustres de la Barbanza, Muros y Xallas, 1997.
- Guía das heráldicas de Pobra do Deán e Vila do Caramiñal, 1998.
- Nueva galería de piedras ilustres de la Barbanza, Muros y Xallas, 2000.
- Valle-Inclán y Viana del Prior: estampas del tiempo ido, 2001.
Recoñecementos
- Medalla de Prata do Mérito Turístico (1989)[9]
Unha rúa leva o seu nome na súa vila natal.
Vida persoal
Casou en 1938 na igrexa de San Nicolao da Coruña[10] con Pilar Vigo Rodríguez, falecida en 1945. Foron pais de Carlos García Vigo. Tempo despois casou con Dolores Ares Pego.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
1984 | | |
---|
1985 | |
---|
1986 | |
---|
1987 | |
---|
1988 | |
---|
1989 | |
---|
1990 | |
---|
1991 | |
---|
1992 | |
---|
1993 | |
---|
1994 | |
---|
1995 | |
---|
1996 | |
---|
1997 | |
---|
1998 | |
---|
1999 | |
---|
2000 | |
---|
2001 | |
---|
2002 | |
---|
2003 | |
---|
2004 | |
---|
2005 | |
---|
2006 | |
---|
2007 | |
---|
2008 | |
---|
2009 | |
---|
2010 | |
---|
2011 | |
---|
2012 | |
---|
2013 | |
---|
2014 | |
---|
2015 | |
---|
2016 | |
---|
2017 | |
---|
2018 | |
---|
2019 | |
---|
2020 | |
---|
2021 | |
---|
2022 | |
---|
2023 | |
---|
2024 | |
---|