Segundo datos do INE tiña 14.072 habitantes en 2011. Nos últimos anos, a poboación creceu considerablemente coa expansión da presión inmobiliaria fóra dos límites da área metropolitana de Barcelona, dobrando a súa poboación en pouco máis de 10 anos.
A industria dominante no municipio, polo seu carácter costeiro, é o turismo, xunto coa explotación agrícola (a floricultura e o cultivo de amorodos), ademais da industria téxtil. En Canet de Mar atópase a Escola Universitaria de Enxeñería técnica en tecidos de punto, único centro de España que ofrece este tipo de estudos.
Canet ten pendentes abruptas e barrancos que morren en vales polos que pasan torrentes ata chegar a rieras e coa terra erosionada pola auga fórmanse as praias.
Historia
Canet de Mar nace no século XI como unha pequena aldea e coñécese entón como la Vall de Canet i Romaguera. En 1579 separouse de Sant Iscle de Vallalta.
Desde o século XI, Canet recoñeceuse como núcleo destacado cultural, artístico e social. O modernismo tamén deixou pegada grazas a Lluís Domènech i Montaner (1850-1923) coa casa Roura, a casa Domènech i Montaner, l'Ateneu Canetenc e a reforma do castelo de Santa Florentina, antiga masía fortificada restaurada no século XIX. Non se debe restar importancia ás construcións decimonónicas, contemporáneas e a outras de influencia indiana e colonial.
Demografía
Conta cunha poboación de
Gráfica de evolución demográfica de Canet de Mar[1] entre 1842 e 2021
Lugares de interese
En Canet pódense atopar interesantes construcións modernistas de Puig i Cadafalch, Calvet e Domènech i Montaner, entre outros. Edificios deste período son a Casa Roure, a casa Domènech i Montaner, e o Ateneu Canetenc. Escultores como Josep Llimona, Carles Flotats e Eusebi Arnau tamén deixaron a súa pegada no municipio.
Ademais da influencia modernista, tamén atopamos construcións como o Castelo de Santa Florentina (século XI), o templo de Sant Pere de Canet (século XVI), ou o Santuario da Misericordia (século XIX), patroa do Maresme.