O nome deriva da construción da igrexa de Sant Pere ao lugar coñecido antigamente polo lugar de Or, denominándose Sant Pere d'Or. Deste nome provén a contracción Santpedor. A documentación escrita máis antiga que fai referencia ao lugar de Or é do ano 937 e a igrexa está documentada desde o 996. En 1082, Ramón Berenguer II cedeu a metade das súas terras ao mosteiro de Sant Benet de Bages.
Nos séculos seguintes, XI a XIII, Santpedor experimenta un crecemento progresivo que culmina durante a primeira metade do século XIV ata que a peste negra castigou duramente a poboación o ano 1348. Deste período restan valiosas testemuñas arquitectónicas. Durante este período, Santpedor foi vila real, é dicir, que non dependía de ningún señor feudal, senón directamente da coroa.
O rei Pedro o Ceremonioso vendeu Santpedor a un nobre chamado Francesc de Perellós, pero os santpedorencs conseguiron reunir 5.000 florines de ouro para recuperar os dereitos sobre o municipio e devolvelo á protección real. O ano 1400, o rei Martiño o Humano premiaría este esforzo outorgando a vila o título de "rúa de Barcelona". Santpedor tiña o privilexio de enviar representantes ás cortes catalás.
A pesar de que a agricultura continuou sendo a principal actividade económica do pobo entre os séculos XVI e XVIII, desenvolvéronse algunhas actividades ligadas á manufactura que tiveron certa significación na economía local como a dos paraires, que traballaban a la, e a produción de augardente, que ata se exportaba noutras comarcas. Santpedor foi durando moitos séculos a segunda poboación do Bages e tivo fortes rivalidades con Manresa.
Santpedor participou activamente na Guerra da Independencia española (1808-1814). A memoria popular fala da lenda da intervención do mozo Isidre Lluçà i Casanoves, coñecido como o timbaler del Bruc, no primeiro combate do Bruc, o 6 de xuño de 1808.
Logo da guerra houbo unha forte regresión económica agravada pola competencia das novas industrias que ían crecendo ao redor dos ríos Llobregat e Cardener, posto que en Santpedor aínda se tecía a man. As tres Guerras Carlistas e a praga de filoxera que arrasou as viñas pecharon o século XIX non moi afortunado para o pobo.
A recuperación chegou ao primeiro cuarto do século XX coa chegada do ferrocarril (1884), a creación da Cooperativa Agrícola (1905), a chegada da electricidade (1911) e a portada da auga (1932). Como o resto de Cataluña, o crecemento estancouse coa Guerra Civil.
O téxtil foi practicamente a única industria que subsistiu ata que tamén entrou en crise na década de 1960, provocando que xurdiran outras actividades, que como no resto da comarca, comportou a chegada de numerosas familias procedentes doutras comunidades do estado, atraídas polas posibilidades de traballo.
Demografía
O concello tiña, segundo cifras do INE, 7.185 habitantes en 2011 repartidos en tres núcleos de poboación: Santpedor, el Mirador de Montserrat e el Serrat de Castellnou.