El Prat de Llobregat

Modelo:Xeografía políticaEl Prat de Llobregat
Vista aérea
Imaxe

EpónimoRío Llobregat Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°19′29″N 2°05′43″L / 41.3246, 2.0953
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBaix Llobregat Editar o valor en Wikidata
CapitalPrat de Llobregat, el (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación65.516 (2023) Editar o valor en Wikidata (2.032,76 hab./km²)
Número de fogares28 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie32,23 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo, Río Llobregat e canal de la Dreta del Llobregat (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude8 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataLluís Mijoler i Martínez (2019–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal08820 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE08169 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT081691 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webelprat.cat Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451257

El Prat de Llobregat é un municipio e cidade da comarca do Baix Llobregat na provincia de Barcelona, comunidade autónoma de Cataluña, España, e forma parte da área metropolitana de Barcelona.

A cidade atópase a beiras do mar Mediterráneo e o seu termo municipal dunha superficie de 32,23 km² linda cos de Barcelona, L'Hospitalet de Llobregat, Cornellà de Llobregat, Sant Boi de Llobregat e Viladecans. O terreo é practicamente chairo e a súa altitude máxima (5 metros) atópase na Plaça de la Vila.

Historia

El Prat é o único municipio creado cuxo territorio está integramente no delta do Llobregat. As súas terras comezaron a ser habitadas cara ao século X, moito antes da creación do núcleo urbano. A finais do século XVII El Prat aínda non formaba poboado pero posuía unha vida legal independente cun consello e unhas ordenacións municipais desde 1689.

O século XVII é o do nacemento do Prat urbano. Así, entre 1720 e 1740 comezan a construírse as primeiras casas ao redor dos edificios da praza, feito motivado pola autorización concedida a Bernat Gual, un granxeiro, para abrir unha carnizaría próxima a un cruzamento de camiños (o que hoxe é a Plaça da Vila). Posteriormente, concedíase o dereito papal para ter unha parroquia propia, e máis tarde crecía aos arredores o hostal.

Pouco despois o pequeno núcleo vese favorecido pola barca que o mesmo Bernat Gual pon en servizo para pasar o río, xa que para ir a comerciar a Barcelona requiríase remontar o río ata a primeira ponte, en Martorell, a 23 km de alí, o que supuña unha viaxe dun día só para ir. Coa barca, o traxecto quedou reducido a oito quilómetros, cousa que fixo que moitos máis campesiños interesásense en instalarse no Prat.

A construción da ponte de Ferran Puig para cruzar o río (1873), a chegada do ferrocarril (1881) e o descubrimento da auga artesiana (1893) abriron perspectivas de desenvolvemento á poboación que se materializarán no século XX.

El Prat afronta a entrada do novo século cun feito fundamental no campo: a consolidación dos cultivos de regadío, que conseguiron desbancar totalmente aos cereais de secaño. O municipio vive uns anos de expansión grazas á comercialización dos excedentes agrícolas, e gozan de especial recoñecemento pola súa calidade a alcachofa, a leituga e o melón.

O aeroporto do Prat e o núcleo urbano.

A ruptura coas formas de vida tradicionais virá provocada, basicamente, pola chegada da industria e a instalación da aviación. O paso de man de obra do campo á fábrica, a chegada masiva de traballadores doutros lugares e a consolidación da semanada en substitución do inseguro xornal, contribuirán a alterar profundamente a configuración social e cultural do Prat. En 1917, coa instalación da Papelera Española, en 1923 cos tres aeródromos en funcionamento (eran os campos da Aeronáutica Naval, o de Josep Canudas e o da compañía francesa Latecoère) e en 1926 coa posta en funcionamento de La Seda, serán anos clave no proceso de transición da sociedade agraria á industrial.

A consolidación do proceso industrializador comportará a chegada masiva de novos poboadores que se atoparán cunha cidade que non está preparada para acoller este fluxo demográfico. El Prat de 1950 tiña 10.038 habitantes e 25 anos máis tarde, en 1975, a poboación total era de 51.058 persoas. Os principais déficit sitúanse na falta de vivendas e de prazas escolares pero tamén se fan evidentes nos servizos, especialmente na auga e na rede de sumidoiros.

Ao longo dos anos setenta do século XX, El Prat viviu un importante crecemento, non sempre equilibrado, para adaptarse á nova realidade social. Nos anos oitenta o crecemento urbano continuou e ampliáronse os polígonos industriais coa chegada de novas empresas. As preocupacións urbanísticas van dirixidas a conseguir unha mellora nos equipamentos, especialmente nos barrios máis densificados e con máis carencias, nun intento de racionalizar o urbanismo incontrolado das décadas anteriores e equilibrar o crecemento.

Demografía

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2006
2.804 6.694 10.401 36.363 60.139 62.956 63.069

Economía

O Aeroporto de Barcelona-El Prat é un dos máis importantes de España e Europa

No seu termo municipal atópanse infraestruturas de grande importancia para Barcelona como o Aeroporto de Barcelona-El Prat ao que corresponde o código IATA BCN, e unha vez finalizadas as obras do desvío do Río Llobregat unha parte da zona portuaria do porto de Barcelona.

Localidades irmandadas

Véxase tamén

Ligazóns externas