Este artigo amosa letras ge'ez. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Adís Abeba[1][2] (en amhárico: አዲስ አበባ, Āddīs Ābebā, lit. Nova Flor) é a capital e cidade máis poboada de Etiopía. En 2008 tiña 3 384 569 habitantes, 4,6 millóns na súa área metropolitana.
Na cidade atópase a sede da Unión Africana, anteriormente a Organización para a Unidade Africana (1963-2002). Tamén acolle a sede da Comisión Económica para África das Nacións Unidas, así coma outras organizacións internacionais. Por isto, a miúdo faise referencia a Adís Abeba coma a "capital política de África" pola súa importancia histórica, diplomática e política para o continente.
↑Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN9788482887524. Adís Abeba (Etiopía)