Banjul (a antiga Bathurst) é a capital de Gambia. Ten unha poboación de 34 125 habitantes (2007), aínda que coas zonas periféricas supera o medio millón (523 589 habitantes en 2003). Está situada sobre a illa de Banjul (antes illa de Saint Mary), no lugar onde o río Gambia desauga no océano Atlántico.
Xeografía
Banjul está localizada sobre unha illa areosa construída, ao longo do tempo, polos depósitos arrastrados polo río Gambia até a súa foz. A vexetación maior, espontánea, está constituída por baobabs e bambús.
O clima da cidade é de subtropical, con só unha estación chuviosa anual; as temperaturas son cálidas e estábeis ao longo de todo o ano. As medias mensuais non baixan dos 25 °C.
O seu cálido clima durante todo o ano é debido ao deserto do Sáhara. O mes máis frío é agosto e o máis cálido é marzo.
Mes
Xan
Feb
Mar
Abr
Mai
Xuñ
Xul
Ago
Set
Out
Nov
Dec
Media anual
Media de máximas (°C)
31
32
34
33
32
32
30
29
31
32
32
31
31,5
Media de mínimas (°C)
15
16
17
18
19
23
23
23
23
22
18
16
19,4
Historia
No 1816, os británicos fundaron Banjul como un posto commercial e como base para suprimir o comercio de escravos.
O 18 de febreiro de 1965, a cidade converteuse en capital do país trala declaración de independencia da República de Gambia.
Foi chamada Bathurst in honra de Henry Bathurst, secretario do Despacho Colonial. En 1973 o nome foi africanizado como Banjul, que en mandé significa "illa dos bambús".
O 22 de xullo de 1994, Banjul foi escenario dun golpe de Estado militar no que o Presidente Dawda Jawara foi derrocado, e mudado polo aínda actual Presidente do país, Yahya Jammeh.
Economía
Banjul é a principal área urbana de Gambia, á par que é o centro económico e administrativo da nación. O traballo dos cacahuetes é a principal industria do país, e xunto con cera de abellas, madeira, aceite de palmeira e coiros, son os principais produtos que son exportados polo porto da capital.
Lugares de interese
Museo Nacional (National Museum), en Gloucester Street, expón coleccións sobre o período colonial e a historia recente de Gambia.