Acento prosódico
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Acento.
O acento é unha forma de articulación da voz ao falar mediante a cal se destaca unha sílaba dunha palabra respecto das demais. É importante non confundir o acento que aquí se describe co signo gráfico que se coloca sobre unha letra en moitos idiomas. En realidade estes signos denomínanse acentos gráficos, e colócanse para identificarmos a sílaba que se acentúa, son acentuacións.
Significado
Hai linguas, como o inglés, o alemán e o galego, en que dita articulación consiste nunha maior intensidade, é dicir, un maior esforzo ao expirar o aire. Este acento recibe o nome de acento de intensidade, dinámico, espiratorio, articulatorio ou de sonoridade.
Noutras linguas, como o grego, o acento consiste na elevación do ton da voz, nunha maior tensión das cordas vogais ao emitir a sílaba acentuada. Neste caso o acento recibe os nomes de acento tónico, musical, de altura, cromático ou melódico.
En galego dáse o nome de acento tónico ao acento de intensidade.
Ambos acentos poden existir nunha mesma lingua, prevalecendo un sobre o outro, o cal constitúe a circunstancia máis estendida, pero tamén poden darse con exclusividade.
Recoñécense tradicionalmente tres graos de intensidade no acento:
- forte, medio e feble (no dinámico).
- longo, normal e breve (no cuantitativo).
- agudo, circunflexo e grave (no melódico).
Hai linguas de acento fixo nas cales o acento recae sobre unha sílaba determinada, segundo a estrutura da lingua, como no latín, o céltico ou as linguas xermánicas, e outras que posúen un acento condicionado ou libre, cuxa sede está determinada por circunstancias fonéticas, morfolóxicas ou sintácticas, como no galego:
- canto - cantamos
Existe tamén o acento de insistencia, retórico, enfático, expresivo ou afectivo, que recae sobre unha sílaba átona, e que pon de relevo a palabra á que pertence. Este acento aumenta a intensidade e, polo xeral, tamén a altura e duración da sílaba afectada. En francés por exemplo, o acento intensivo cae sobre unha consoante, cuxo alongamento ou xeminación produce o aumento de intensidade da vogal seguinte, como en:
- ti es a[d]Dorable
Distínguese tamén entre acento afectivo e acento intelectivo, que ten por obxecto resaltar unha noción para caracterizala ou distinguila.
Outro significado de acento é o que se refire á forma de falar un idioma característica dun colectivo de persoas que habitan nunha zona xeográfica, do mesmo xeito que unha persoa pode ter un acento de pronunciación característico. Así falariamos, por exemplo, do acento andaluz ou o acento mexicano. Un acento destas características non é nunca un idioma propio, senón, como se dixo, a forma peculiar de pronunciar as palabras dun idioma en xeral. Este acento tamén se denomina ton ou deixe.
Erros frecuentes no acento de intensidade
Nas seguintes palabras é frecuente, por castelanismo, o emprego incorrecto das mesmas ó converter en tónica unha sílaba que non o é:
Causas xerais
Pódese comprobar que existen certos grupos que responden a un mesmo parámetro de comportamento acentual:
- procedentes de diminutivos latinos:
- femininos en -éola: aréola, auréola, bractéola, lauréola, roséola, varíola;
- masculinos en -éolo: alvéolo, maléolo, nucléolo;
- variantes masculinas específicas en -íolo: bronquíolo, centríolo, folíolo, gladíolo, ostíolo, pecíolo, vitríolo;
- pero non medula;
- compostos homoxeneizados:
- mísil, pénsil, prénsil, réptil, támil, téxtil;
- oftalmía, exoftalmía, xeroftalmía;
- décatlon, péntatlon, tríatlon;
- eritrocito, fagocito, granulocito, leucocito, linfocito, macrocito, melanocito, mielocito, monocito, oocito, reticulocito, trombocito (onde -cito e cito- significan célula);
- diáclase, litóclase, períclase, plaxióclase;
- énclise, mesóclise, próclise;
- anáglifo, xeróglifo, petróglifo, tríglifo, xeróglifo (-glifo significa gravado, escultura);
- afrodisíaco, amoníaco, austríaco, bosníaco, cardíaco, celíaco, cleptomaníaco, demoníaco, dionisíaco, elexíaco, hipocondríaco, ilíaco, maníaco, simoníaco, zodíaco (-íaco é un sufixo adxectivador denominal, a partir de substantivos rematados en ditongo -ia átono);
- ascaridíase, elefantíase, ftiríase, leontíase, litíase, míase, midríase, nefrolitíase, pitiríase, psoríase, satiríase, trocomoníase, triquíase;
- aerólito, coprólito, crisólito, electrólito, megálito, micrólito, monólito, nefrólito, oólito, otólito, siderólito, trílito, zoólito (pero dise fotolito, que vén de fotolitografía; -lito significa pedra);
- aeromancia, capnomancia, ceraunomancia, nigromancia, oniromancia, onomancia, ornitomancia, piromancia, quiromancia, rabdomancia, xeomancia (onde -mancia significa adiviñación);
- antófito, esporófito, gametófito, halófito, neófito, osteófito, rodófito, saprófito, tricófito, zoófito (fito- e -fito significan vexetal);
- autólise, citólise, electrólise, fotólise, glicólise, hemólise, hidrólise, histólise, lipólise, pirólise, plasmólise, proteólise, radiólise, solvólise, termólise (-lise significa ruptura, e as bases sobre as que se aplica son tanto as materias primas -citólise, glicólise, histólise, lipólise, proteólise- coma os catalizadores da reacción -electricidade, auga, radioactividade, temperatura);
- atmosfera, biosfera, cromosfera, endosfera, estratosfera, fotosfera, hidrosfera, ionosfera, litosfera, magnestosfera?, magnetosfera, mesosfera, oosfera, ozonosfera, pirosfera, rizosfera, termosfera, troposfera (-sfera significa esfera, superficie curva pechada);
- osmose, endosmose, exosmose;
- aeróstato, helióstato, reóstato, sideróstato, termóstato, xiróstato;
- apoplexía, cataplexía, hemiplexía, monoplexía, paraplexía, tetraplexía;
- biotipo, daguerrotipo, ecotipo, estereotipo, fenotipo, linotipo, logotipo, monotipo, prototipo, xenotipo (onde -tipo significa especime paradigmático);
As regularizacións non teñen por que interpretarse coma regulares: mentres diocese, arquidiocese, esexese e osmose manteñen os sufixos coma átonos, psoríase e énclise fórmanse coma esdrúxulas. Isto débese a que o falante pode entender coma dous sufixos iguais o que en realidade son distintos:
Estas homoxeneidades poden ser reais entre sufixos iguais ou aparentes entre sufixos semellantes, coma en:
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas
|
|