Quefir

Grans de quefir (de leite)

O quefir,[1] búlgaros ou iogur dos paxariños é un produto lácteo fermentado orixinario da rexión do Cáucaso. Tamén reciben este nome os gránulos empregados para a súa elaboración.

Elabórase tradicionalmente a partir de leite de egua (aínda que se comercialice o elaborado a partir doutras especies, como vaca ou cabra). Presenta un sabor característico debido á presenza de alcohol (ó redor do 1%).

O quefir ten un aspecto semellante á coliflor aínda que máis brando. Trátase dunha combinación de bacterias probióticas e lévedos nunha matriz de proteínas, lípidos e azucres. O Lactobacillus acidophilus é a bacteria e Saccharomyces kefir o lévedo (fungo unicelular) máis habituais no quefir, aínda que varían segundo as rexións e culturas.

Existen tres tipos de quefir: o quefir de leite, o quefir de auga e o quefir de ou Kombucha.

En Galiza produce quefir a cooperativa Santa María de Loureiro de Ourense, Kalekói, SL e Casa Grande de Xanceda.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para quefir.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas