Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
A cataplexía[1] consiste en episodios súbitos e xeralmente breves de perda bilateral do ton muscular durante a vixilia.
Características
A maioría das veces os episodios aparecen en relación con emocións intensas; durante o acceso, a hipotonía ou flaccidez muscular fai que a persoa caia repentinamente.
Na narcolepsia
Pode ser o primeiro síntoma da narcolepsia, aínda que adoita presentarse despois da manifestación da somnolencia diúrna, mais existe a posibilidade de que non se dea. É considerada como o único síntoma específico da narcolepsia xa que o resto poden afectar a outras enfermidades ou trastornos. A prevalencia de cataplexía en narcolépsicos varía moito, cun rango entre 60 % e 90 %.
A cataplexía é a supresión anormal da actividade motora esquelética (é coma se os músculos se desactivasen). En persoas sas ten lugar durante o sonoMOR; con todo, nos narcolépticos que sofren cataplexía esta inhibición prodúcese anormalmente fóra do contexto do sono e maniféstase como un ataque catapléxico.
A investigación sobre a cataplexía centrouse nas células da formación reticular caudal que controlan a relaxación muscular durante o sono MOR: as células do núcleo magnocelular do bulbo raquídeo.
É un trastorno do sono paradoxal, presente con gran frecuencia en narcolépticos, causado por unha inhibición xeneralizada das neuronas motrices por intrusión de elementos do sono MOR.
Véxase tamén
Clasificación internacional dos trastornos do sono
Notas
↑"Cataplexía". Real Academia Galega. Consultado o 26 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
Bibliografía
Pinel, John P. J. (2007). Biopsicología. Prentice-Hall. ISBN9788420548432.
Nienhuis, R.; Fahringer, H. M.; Paul, R.; Shiromani, P.; Dement, W. C.; Mignot, E.; Chiu, S. (1991). "Neuronal Activity in Narcolepsy: Identification of Cataplexy-Related Cells in the Medial Medulla" (en inglés)252 (5010): páxs. 1315–1318.|first1= sen |last1= in Authors list (Axuda)