A troposfera é a capa inferior da atmosfera terrestre, está comprendida dende a superficie terrestre ata unha altitude de 7 a 17 quilómetros.
Na troposfera faise posible a vida. É a zona máis turbulenta da atmosfera e nela teñen lugar todos os fenómenos meteorolóxicos e climáticos. A capa por enriba dela é a estratosfera, chamándose tropopausa á fronteira entre ambas.
Nesta capa é onde xeralmente voan os avións, aínda que algúns fano na estratosfera para evitar os problemas climáticos, por ser esta máis calma. A temperatura máis baixa que pode chegar a alcanzar é da orde dos -50º Celsius. Hai que ter en conta que a montaña máis elevada da Terra é o monte Everest, cunha altitude de 8 quilómetros, e a esa altitude o osíxeno escasea e é moi difícil respirar nesas condicións, non só pola falta de osíxeno senón pola inclemencia crioxénica (baixas temperaturas).