94ª edición dos Óscar

A 94ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), galardoou os mellores filmes estreados entre o 1 de marzo e 31 de decembro de 2021. A cermimonia tivo lugar no Dolby Theatre de Hollywood, Os Ánxeles, California o 27 de marzo de 2022.[1][2] A cerimonia estivo presentada por Regina Hall, Amy Schumer e Wanda Sykes. Foi a primeira cerimonia dende a 83ª edición dos Óscar en 2011 en ter varios presentadores.[3] CODA gañou o Óscar ó mellor filme, mentres que Dune foi o filme que obtivo máis premios. Segundo os comentaristas, os premios foron "eclipsados"[4][5][6] por un incidente no que Will Smith lle deu unha labazada a Chris Rock no escenario por unha referencia á alopecia da súa esposa Jada Pinkett Smith.[7]

Gañadores e nomeados

Jane Campion, mellor directora.
Will Smith, mellor actor.
Jessica Chastain, mellor actriz.
Troy Kotsur, mellor actor secundario.
Ariana DeBose, mellor actriz secundaria.
Sian Heder, mellor guión adaptado.
Kenneth Branagh, mellor guión orixinal.
Byron Howard, mellor filme animado.
Questlove, mellor documental.
Ryusuke Hamaguchi, mellor filme internacional.
Hans Zimmer, mellor banda sonora.
Billie Eilish e Finneas O'Connell, mellor canción orixinal

Os nomeados da 94ª edición dos Óscar foron anunciados o 8 de febreiro de 2022, polos actores Tracee Ellis Ross e Leslie Jordan.[8]

Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letra grosa.

Mellor filme Mellor director
Mellor actor Mellor actriz
Mellor actor secundario Mellor actriz secundaria
Mellor guión orixinal Mellor guión adaptado
Mellor filme de animación Mellor filme internacional
Mellor documental Mellor curtametraxe documental
Mellor curtametraxe de acción en vivo Mellor curtametraxe animada
Mellor banda sonora Mellor canción orixinal
Mellor deseño de produción Mellor fotografía
Mellor maquillaxe Mellor deseño de vestiario
Mellor son Mellor montaxe
Mellores efectos visuais

Premios de honra

O 24 de xuño de 2021, a Academia anunciou os gañadores dos premios de honra, que en principio terían que ser entregados nunha cerimonia o 15 de xaneiro de 2022. Porén, a cerimonia foi posposta debido a situación da pandemia de COVID-19 por mor da variante ómicron.[9][10] Os galardoados foron:[11]

  • Samuel L. Jackson: "unha icona cultural cun traballo dinámico que ten repercusión en xéneros, xeracións e públicos de todo o mundo".[12]
  • Elaine May: "polo seu enfoque atrevido e inflexible co cine, como guionista, directora e actriz".[12]
  • Liv Ullmann: "a valentía e a transparencia emocional de Ullman proporcionaron ao público representacións en pantalla que afectan fondamente".[12]

Premio Humanitario Jean Hersholt

  • Danny Glover: "as súas décadas de defensa da xustiza e dos dereitos humanos reflicten a súa dedicación en recoñecer a nosa humanidade compartida dentro e fóra da pantalla".[12]
Predecesor:
93ª edición dos Óscar
Premios Óscar
94ª edición dos Óscar
Sucesor:
95ª edición dos Óscar

Notas

  1. "Film and TV Projects Going Into Production - 94th Annual Academy Awards". Variety Insight. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2021. Consultado o 31 de agosto de 2021. 
  2. "THE ACADEMY AND ABC SET MARCH 27, 2022 AS NEW SHOW DATE FOR 94TH OSCARS®". Oscars.org | Academy of Motion Picture Arts and Sciences (en inglés). 2021-05-26. Consultado o 2021-06-12. 
  3. Keegan, Rebecca (11 de xaneiro de 2022). "Oscars: 2022 Ceremony to Feature a Multi-Emcee Palooza". The Hollywood Reporter. Consultado o 11 de febreiro de 2022. 
  4. "‘CODA’ notches historic win at Oscars, upstaged by Will Smith’s shocking slap of Chris Rock". Washington Post (en inglés). 27 de marzo de 2022. 
  5. "2022 Oscars Review: Will Smith Shatters the Disney-Ad Tedium". Time (en inglés). Consultado o 28 March 2022. 
  6. Fischer, Sara (28 de marzo de 2022). "Will Smith slaps Chris Rock before emotional acceptance speech". Axios (en inglés). 
  7. Mcgurty, Frank; Trotta, Daniel (28 de marzo de 2022). "Will Smith smacks Chris Rock on stage, then wins an Oscar". Reuters (en inglés). 
  8. 94th Oscars Nominations Show|Announced by Leslie Jordan and Tracee Ellis Ross - Oscars on YouTube
  9. Nordyke, Kimberly (5 de xaneiro de 2022). "Grammy Awards Postponed Amid Omicron Surge". The Hollywood Reporter. Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  10. Hammond, Pete (22 de decembro de 2021). "Motion Picture Academy Postpones January’s Governors Awards; No New Date Yet". Deadline. Consultado o 14 de xaneiro de, 2021. 
  11. "Oscars to honor Elaine May, Danny Glover, Samuel L. Jackson". ABC News. Consultado o 24 de xuño de 2021. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 Hammond, Pete (24 de xuño de 2021). "Oscars: Academy To Honor Danny Glover, Samuel L. Jackson, Elaine May & Liv Ullmann At 2022 Governors Awards". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2021. Consultado o 24 de xuño de 2021. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas