Spencer[6] é un filme de 2021 de ficción histórica[7][8] dirixido por Pablo Larraín e escrito por Steven Knight. O filme conta a historia da crise existencial de Diana de Gales durante o Nadal de 1991, durante a cal considerou o divorcio con Carlos de Inglaterra e abandonar a familia real británica. Kristen Stewart e Jack Farthing intepretan á Princesa Diana e ao Príncipe Carlos respectivamente, xunto Timothy Spall, Sean Harris e Sally Hawkins.
Spencer estreouse na 78ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia o 3 de setembro de 2021, e nos cinemas do Reino Unido e os Estados Unidos o 5 de novembro de 2021. Recadou máis de 23 millóns de dólares en todo o mundo e conseguiu boas valoracións por parte da crítica, sendo Stewart especialmente eloxiada. Pola súa interpretación de Diana, Stewart foi nomeada ao Óscar á mellor actriz, ao Globo de Ouro e ao Critics' Choice Movie.
Estreouse subtitulado en galego a través de Amazon Prime Video.[9]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos