A peor persoa do mundo (en noruegués: Verdens verste menneske) é un filme noruegués de 2021 dirixido por Joachim Trier.[4][5] É o terceiro filme, despois de Reprise e Oslo, 31. august, na triloxía do director "Triloxía de Oslo". Estreouse na competición do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2021, con Renate Reinsve gañando o premio de mellor actriz pola súa interpretación do filme.[6][7] Foi escollido como candidato de Noruega para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios,[8][9] sendo nomeado xunto a outros catro filmes.[10]
Estreouse subtitulado en galego o 11 de marzo de 2022 a través de NUMAX (Santiago de Compostela).[11][12]
Personaxes
- Renate Reinsve como Julie
- Anders Danielsen Lie como Aksel
- Herbert Nordrum como Eivind
- Hans Olav Brenner como Ole Magnus
- Helene Bjørneby como Karianne
- Vidar Sandem como Per Harald
- Maria Grazia Di Meo como Sunniva
- Lasse Gretland como Kristoffer
- Karen Røise Kielland como Tone
- Marianne Krogh como Eva
- Thea Stabell como Åse
- Deniz Kaya como Anna
- Eia Skjønsberg como Synne
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas