Fedrelandet é un filme documental noruegués de 2023 escrito e dirixido por Margreth Olin. No filme, Olin segue ao seu pai de 85 anos durante un ano na contorna natural de Oldedalen en Vestland, onde creceu.[1][2] O filme tivo a súa estrea mundial durante o festival de cinema documental CPH:DOX en Dinamarca o 18 de marzo de 2023,[3] e nos cinemas de Noruega o 1 de setembro dese mesmo ano.[4]
Foi escollido como candidato de Noruega para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios,[5] mais finalmente non foi nomeado.[6]
Sinopse
O filme retrata a viaxe existencial de Olin co seu propio proxenitor envellecido no pano de fondo das paisaxes montañosas de Noruega durante un ano. É unha obra cinematográfica sobre a vida, a morte, a natureza e sobre simplemente estar presente no mundo. O amor e a lealdade de toda a vida dos pais de Olin son un testemuño silencioso de como os arredores e o espazo interior resoan entre si.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos