En virtude do Decreto 74/2005 de 7 de xullo de 2005,[2] publicado no BOPA do 26 do mesmo mes, foron aprobadas as formas oficiais dos topónimos das parroquias e lugares do concello de Ḷḷena, pasando a ser oficiais en todos os casos as denominacións en lingua asturiana.
Demografía
Gráfica de evolución demográfica de Ḷḷena entre 1842 e 2018
No porto de Payares atópase a estación de esquíValgrande-Pajares. Con máis de 50 anos de historia, é unha das estacións pioneiras en España. Ofrece todo tipo de servizos para a práctica de deportes de inverno.
Festas
O primeiro domingo de xullo celébrase conxuntamente co concello de Quirós a Festa do año ao espeto no «Prau Ḷḷagüezos», declarada de interese turístico en 1984.[3] Nela outórganse os galardóns «Güelos del Aramo» (Avós do Aramo) á parella máis idosa da zona.
Na capital do concello, La Pola, hai dúas festas de interese. En abril as festas da flor no val de Naredo, cun mercado artesán con anos de tradición e en outubro a festa da Nosa Señora do Rosario, tamén coñecida como "Les Feries".