Pravia é un concello do centro de Asturias. Linda ao norte con Cudillero e con Muros, polo leste con Candamu e Sotu'l Barcu, polo oeste con Cuideru e mais Salas e ao sur con Candamu e mais Salas. Ten unha área de 103 km² e unha poboación de 7.936 hab (2021).
Topónimo
A maioría das teses sostidas polos eruditos locais son forzadas e, ás veces, fantasiosas. A máis racional é a que sostén unha orixe, como moitas outras, nun antropónimo dun posesor tardorromano ou alto medieval. Neste caso, trataríase dun Pravius, que está ben testemuñado, de onde se orixinaría unha *(villa) *Pravia.