Vilanova de Ozcos[1] (en castelán e oficialmente Villanueva de Oscos) é un concello de Asturias. Limita ao norte coa Veiga, Castropol e Boal, ao sur con San Martín de Ozcos e Santalla de Ozcos, ao leste con Eilao e San Martín de Ozcos e polo oeste con Taramundi. O concello cobre unha superficie de 72 km² e contaba cun total 404 habitantes no ano 2005, o que dá unha densidade de poboación de 5,61 h/km². Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.