Ten unha poboación de 13 710 habitantes, con capital na vila de Cangas del Narcea, e as súas poboacións con maior número de habitantes son por esta orde, a capital Cangas del Narcea, Corias, Limés, Moal, Llanos, Rengos e Gedrez. A súa capital está a unha distancia de 90 quilómetros de Oviedo, e a súa principal vía de comunicación é a estrada autonómica do chamado corredor do Narcea.