Casorvía[1] é unha parroquia do concelloasturiano de Ḷḷena. Atópase na zona central do concello, ten unha extensión de 4,64 km² e linda: ao norte coa parroquia de Felgueras, ao sur e suroeste coa de Erías, ao leste coa de Congostinas e ao oeste coa de Campumanes. A súa poboación, que está repartida entre os lugares de El Carril, La Caseta, Casorvía, Malveo e La Pandieḷḷa, é de 74 habitantes (segundo datos do INE de 2010).