Muñón Fondiru[1] é unha parroquia do concelloasturiano de Ḷḷena. Atópase na parte noroccidental do concello, ten unha extensión de 4,2 km² e linda ao noroeste coa parroquia de Muñón Cimiru e ao nordés coa de Viḷḷayana. O resto da súa extensión está arrodeada por terras da parroquia de La Pola. A súa poboación, que se reparte entre a vila homónima (142 habitantes) e as casarías de El Vayo, Brañaḷḷamosa, El Cortijo e Torneros, é de 160 habitantes (INE, 2010).
Segundo recolle o investigador Luciano Castañón, os habitantes da vila son coñecidos como marmechirus pola abundancia de marmichus (marmeleiros) que hai na parroquia.