Ève Curie |
|
Nacemento | (fr) Ève Denise Curie 6 de decembro de 1904 13º distrito de París, Francia |
---|
Morte | 22 de outubro de 2007 (102 anos) Manhattan, Estados Unidos de América |
---|
Lugar de sepultura | Metairie Cemetery (en) |
---|
Residencia | Nova York (–2007) Inglaterra Estados Unidos de América Francia |
---|
Educación | Collège Sévigné |
---|
|
Campo de traballo | Música |
---|
Ocupación | xornalista, biógrafa, diplomática, membro da resistencia francesa, guionista, escritora, crítico musical, pianista, correspondente de guerra |
---|
Empregador | New York Herald Tribune (pt) , correspondente de guerra (1941–1942) ONU |
---|
Membro de | |
---|
|
Conflito | segunda guerra mundial |
---|
Instrumento | Piano |
---|
|
Obras destacables |
Arquivos en | |
---|
|
Cónxuxe | Henry Richardson Labouisse Jr. (1954–) |
---|
Pais | Pierre Curie e Marie Curie |
---|
Irmáns | Irene Joliot-Curie |
---|
Parentes | Jacques Curie, tío paterno Józef Skłodowski, tío materno Bronisława Dłuska, tía materna Helena Skłodowska-Szaley, tía materna Maurice Curie, male pure masculine first cousin Helena Dłuska, female parallel cousin |
---|
|
|
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
---|
|
Ève Denise Julie Curie-Labouisse, nada en París o 6 de decembro de 1904 e finada en Nova York o 22 de outubro de 2007, foi unha escritora francesa. Foi a segunda filla de Marie e Pierre Curie, e en 1937 publicou unha aclamada biografía da súa nai. A súa vida estivo ligada aos premios Nobel: tanto os seus pais como a súa irmá, Irène Curie, foron galardoados co premio Nobel en ciencias, e o seu marido, Henry Richardson Labouisse, Jr. recibiu o Premio Nobel da Paz concedido a UNICEF, organización da que foi director.
Foi doutora honoris causa polo Mills College (California), o Colexio Russell Sage e a Universidade de Rochester.[1]
Traxectoria
Creceu na casa familiar en Sceaux. Despois da morte do seu pai en 1906 e do matrimonio da súa irmá Irène co científico Frédéric Joliot, trasladouse a vivir a París coa súa nai. Estudou Ciencias e Filosofía no Collège Sévigné, graduándose en 1925. Foi concertista de piano, e realizou o seu primeiro concerto en París en 1925. Actuou en Francia e Bélxica até o estoupido da segunda guerra mundial.
Despois do falecemento da súa nai en 1934 escribiu a súa biografía, Madame Curie, que se converteu en supervendas mundial en 1938.
En 1940, caída Francia, instalouse no Reino Unido, onde se uniu á Francia Libre traballando para os Aliados até a fin da guerra. Escribiu Journey among Warriors, crónica das súas viaxes sobre as frontes da segunda guerra mundial. En 1944 fundou, xunto con Philippe Barrès, o periódico Paris-Presse, que codirixiu até 1949.[2]
En 1952 foi nomeada conselleira especial da Secretaría Xeral da OTAN. En 1954 casou con Henry Labouisse, presidente de UNICEF durante 15 anos, e en 1958 adquiriu a nacionalidade estadounidense. Foi administradora da Fundación Curie de 1957 a 1967, a título de representante de Marie Curie, creadora da fundación.
En 1939 foi nomeada membro da Lexión de Honor e da Orde Polonia Restituta.[3]
En 1944 concédenlle a Cruz de guerra.[3] O 13 de xullo de 2005 foi nomeada Oficial da Lexión de Honor polas súas achegas á causa humanitaria.
Obras
Ensaio
- Madame Curie (Gallimard, 1938)
- They speak for a nation, letters from France (Doubleday, 1941)
- Journey among Warriors (W. Heinemann, 1943)
- Voyage parmi les guerriers (Flammarion, 1946)
Teatro
- Tradución ao francés da obra de teatro 145, Wall Street (1933)
Notas
- ↑ Dictionnaire biographique francais contemporain (1950), Ed. Pharos, vol. 2, pág. 196.
- ↑ Claude Bellanger: Histoire générale de la presse française, Ed. universitaires de France, 1969, tomo. IV, pág. 286.
- ↑ 3,0 3,1 Thomson Gale, Anne Commire, Donna Olendorf (1986): Something about the Author, Ed. Gale, vol. 1, pag. 73. ISBN 0810300508.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas