William Wilkie Collins, nado en Londres o 8 de xaneiro de 1824 e finado na mesma cidade o 23 de setembro de 1889, foi un novelista, dramaturgo e autor de relatos curtos inglés.
Traxectoria
Collins era fillo do pintor William Collins. Tivo unha enorme sona no seu tempo, que en parte mantén hoxe no xénero noir[1]. Escribiu 27 novelas, máis de 60 relatos curtos, máis dunha ducia de peza teatrais e 100 obras de non ficción. É considerado un dos pioneiros da novela policial[2] en lingua inglesa. A súa narrativa está caracterizada pola atmosfera de misterio e fantasía, o suspense melodramático e a minuciosidade. As súas obras máis coñecidas son The Woman in White (1860) e The Moonstone (1868).[3]
Foi íntimo amigo e colaborador de Charles Dickens[4].
Obras
Traducións ao galego
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas