Ween é unha banda de rock alternativo formada en 1984 en New Hope (Pensilvania) por Aaron Freeman (Gene Ween) e Mickey Melchiondo (Dean Ween). Despois de centos de gravacións caseiras, Ween conseguiu unha gran base de fans no underground a pesar de ser bastante descoñecidos polo público en xeral.
Aínda que Ween é xeralmente categorizada como unha banda de rock alternativo, é coñecida polo seu altamente ecléctico catálogo de cancións inspiradas polo funk, o soul, o country, o gospel, o rock progresivo, o R&B, o heavy metal ou o punk rock. Tras 28 anos co grupo, Gene Ween abandonou Ween no ano 2012, citando a necesidade de centrarse nos seus problemas de adición ao alcol e ás drogas. En 2015 a banda volvería a xuntarse e xirou extensamente sen plans para editar novo material.[1]
Historia
Primeiros anos
Aaron Freeman e Mickey Melchiondo coñecéronse nunha clase de mecanografía da educación secundaria en 1984.[2] Segundo Freeman non se caían ben inicialmente, pero decatáronse de que aos dous gustáballes a música.[3] O nome de Ween foi unha palabra inventada polo dúo, unha combinación das palabras wuss (covardía) e penis (pene).[4] As súas primeiras gravacións caseiras eran anárquicas e cun espírito moi libre, con influencias coma Syd Barrett, The Beatles, Queen, Prince, Butthole Surfers, The Residents é o movemento punk lo-fi.
Dende 1984 ata 1994, a formación de Ween ao vivo estiva composta principalmente por Freeman nas voces principais e ocasionalmente tocando a guitarra rítmica, Melchiondo como guitarra solista e corista, e un Digital Audio Tape (DAT) proporcionando pistas de apoio pregravadas. A finais dos anos 80 autoeditaron seis casetes: Mrs. Slack (1985), The Crucial Squeegie Lip (1986), Axis: Bold as Boognish (1987), Erica Peterson's Flaming Crib Death (1987), The Live Brain Wedgie/WAD (1988), e Prime 5 (1989). Nese tempo, Gene tamén editou a súa propia cinta, Synthetic Socks (1987), onde Dean aparecía nuns poucos temas. Ween foi a miúdo comparado nos seus primeiros anos con outros artistas pouco convencionais coma Frank Zappa e Tom Waits, a pesar de que eles evitaban esas comparacións. A primeira aparición pública de Ween foi unha versión de "Purple Haze" de Jimi Hendrix no peche dun concurso de talentos no instituto New Hope-Solebury en 1986, con Chris Williams (Mean Ween) no baixo e Karl Weimer na batería. Nos anos 80 o grupo realizou un feixe de concertos como "The Ween" coa sección rítmica de Rollins Band, Andrew Weiss e Sim Cain, como banda de apoio.[5]
En 1988 Ween actuaba con regularidade en locais como o John and Peter's de New Hope e o City Gardens de Trenton, Nova Jersey. No City Gardens foron abreconcertos de artistas como They Might Be Giants, GWAR, Butthole Surfers, e Henry Rollins. Tras unha actuación nesa sala en febreiro de 1990 onde a recepción de Ween foi morna, Rollins saíu ao escenario e advertiu ao público que lles empezasen a gustar nese momento, porque algún día "teredes que axeonllarvos e arrastrarvos ata o altar que é Ween".[6]
Período lo-fi
Dave Ayers, traballando como A&R de solo de Minneapolis Twin/Tone Records, foi ao un concerto da banda de rock alternativo Skunk a finais dos 80 en Maplewood, Nova Jersey coa intención de ofrecerlles un contrato discográfico. Ween, amigos de Skunk, eran os abreconcertos ese día. Ayers fichou a Ween para Twin/Tone esa mesma noite e converteríase no representante da banda. Pola súa banda, Skunk separaríase en 1991 e o seu batería, Claude Coleman, Jr., realizaría un feixe de concertos con Ween en 1992 antes de unirse ao grupo a tempo completo en 1994.[7]
O primeiro disco de Ween con Twin/Tone foi GodWeenSatan: The Oneness, editado en 1990 e formado por 26 temas eclécticos compostos durante os seus primeiros seis anos. Algunhas das cancións, como "You Fucked Up" e "Bumblebee", xa apareceran nalgúns dos casetes de Ween de finais dos 80. "You Fucked Up", "Fat Lenny", "Nan", e a retitulada versión de Prince "L.M.L.Y.P." volveríanse básicas nos concertos da banda dos seguintes anos. Ween realizou os seus primeiros concertos no estranxeiro para promocionar este álbum, cunsa serie de actuacións nos Países Baixos nos meses de decembro de 1990 e xaneiro de 1991.[8]
O grupo gravou un segundo álbum nun gravador de cinta de 4 pistas dende xaneiro a outubro de 1990, nun apartamento chamado The Pod, situado en Solebury Township, Pennsylvania. Este traballo, The Pod, lanzouse en 1991 a través do selo Shimmy-Disc. A banda usou caixas de ritmos, guitarras e voces con tons axustados e un sentido do humor especial como características do seu son. A portada de The Pod era unha parodia da portada do álbum de Leonard CohenThe Best of Leonard Cohen, pero coa cabeza de Mean Ween (o baixista Chris Williams) no sitio da de Cohen. Aínda que o libreto di que o álbum gravouse baixo a influencia de Scotchgard, un repelente de auga en esprai da marca de Minnesota 3M, Freeman diría posteriormente que era tan só ironía.[9] Tras o lanzamento de The Pod, Ween iniciou a súa primeiroa gran xira plos Estados Unidos, ademais de realizar unha xira dunha semana polo Reino Unido que incluíu a gravación dunha sesión con John Peel na BBC. Claude Coleman Jr. tocaría por vez primeira con Ween na xira británica de febreiro de 1992, que tamén contou co fundador de Shimmy-Disc, Kramer, no baixo.
Elektra Records
Pure Guava, a primeira dunha serie de edicións co gran selo Elektra Records, foi editado o 10 de novembro de 1992 o contén o seu sinxelo que máis alto chegou nas listas, "Push th' Little Daisies" (1992). O video musical obtivo moita atención por parte da cadea MTV, e foi vídeoclip destacado no programa Beavis and Butt-head. O tema tamén foi un éxito en Australia, acadando o número 18 da lista de sinxelos.[10] A canción "Flies on My Dick" conta con voces de Guy Heller, cantante da outra banda de Melchiondo, Moistboyz. Heller interpretaría ocasionalmente o tema ao vivo con Ween. Ween xirou polos Estados Unidos para promocionar o disco, e o concerto do 9 de decembro en Chapel Hill, Carolina do Norte, sería lanzado en 2008 como o CD/DVD At the Cat's Cradle, 1992.[11] Tamén como parte da promoción de Pure Guava, Ween actuou no MTV's Spring Break en Daytona Beach, Florida, e no programa The Jane Pratt Show.
Tras o lanzamento de Pure Guava, Ween comezou a ampliar a súa formación, conseguindo un son máis nítido no estudio e simplificando os seus concertos. Claude Coleman Jr. uniuse oficialmente ao grupo como batería en marzo de 1994, mentres que o habitual produtor da banda Andrew Weiss encargaríase do baixo.
Chocolate and Cheese, producido por Weiss, chegou en 1994, contando con temas influenciados polo pop/rock dos 70 e o soul, como "Freedom of '76" e "Voodoo Lady", que apareceu nas películas Road Trip e Dude, Where's My Car?. O video de "Freedom of '76" foi dirixido por Spike Jonze e o de "I Can't Put My Finger On It" rodouse nun restaurante de comida de Oriente Medio con empregados reais do mesmo. Os dous videos apareceron na tempada 5 de Beavis and Butt-Head en 1995. Ween interpretou "I Can't Put My Finger On It" no Late Night with Conan O'Brien en xaneiro de 1995. O tema de Chocolate and Cheese "Roses Are Free" comezou a ser versionada regularmenteen concerto por Phish en 1997. Freeman comentaría posteriormente: "Gústame Trey Anastasio como persoa, pero no que respecta á música, toda esa merda de jam band faime vomitar".[12]
Un mes antes do lanzamento de Chocolate and Cheese, Ween apareceu no filme slapstick do programa Saturday Night LiveIt's Pat, interpretado por Julia Sweeney. A banda (que no filme estaba formada por Freeman, Melchiondo, Weiss, e o irmán deste John Weiss como batería) facía un papel secundario e interpretaba o tema de ThePod "Pork Roll, Egg & Cheese" e o de Pure Guava "Don't Get 2 Close (2 My Fantasy)". A película foi un fracaso tanto de crítica como de público e desapareceu dos cines unha semana despis da súa estrea.[13]
Tamén en 1994, Freeman, Melchiondo e Coleman colaboraron coa banda xaponesa de noise rockBoredoms nun proxecto lanzado dous anos despois como Z-Rock Hawaii. Melchiondo volvérase un gran fan de Boredoms tras velos ao vivo en Filadelfia en 1993, chamándoos "a banda máis pesada que vira despois dos Butthole Surfers".[14] O líder de Boredoms, Yamantaka Eye, lanzara anteriormente un álbum que sampleaba amplamente o disco ThePod. Estas sesións de gravación tivaron lugar nun estudio de Pennington, Nova Jersey, durante a gravación de Chocolate and Cheese.
Ween contou con músicos de sesión de Nashville para a gravación de 12 Golden Country Greats (1996), producido por Ben Vaughn e que só contén dez temas. Existen dúas teorías sobre o título do álbum. A primeira afirma que fai referencia á ducia de músicos veteranos, coñecidos como The Shit Creek Boys, que tocou no disco. A segunda fai referencia ao feito de que a banda gravou de feito doce temas durante as sesións demo previas ao álbum. Cando foi hora de gravar o traballo, o grupo elixiu non usar as cancións "I Got No Darkside" e "So Long, Jerry", pero mantivo o título do disco. "So Long, Jerry", un tributo ao recentemente falecido Jerry Garcia, apareceu como cara b do sinxelo "Piss Up a Rope". Seguindo a tradición de Nashville, Freeman e Melchiondo proporcionaron tan só as voces, deixando que The Shit Creek Boys tocasen todos os instrumentos. The Jordanaires, o cuarteto vocal que fixera coros para Elvis Presley, aparecen nos temas "I'm Holding You" e "Powder Blue".[15]
Éxito comercial
O álbum de temática nautica The Mollusk apareceu en 1997. Moitos seareiros e críticos considérano o mellor álbum da banda. O disco foi outro cnxunto ecléctico de temas amosando a inclinación de Ween pola sátira, a deconstrución e o pastiche, incluíndo britpop dos 60, cantos de mariñeiros, melodías de Broadway, e especialmente rock progresivo.
No ano 2000 apareceu White Pepper, un álbum con temática pop e o seu derradeiro traballo con de estudio con Elektra. O tema "Even If You Don't" tivo un vídeo musical realizado polos creadores de South Park, Trey Parker e Matt Stone.
Regreso a selos independentes
En 2001 o grupo creou o seu propio selo, Chocodog Records, co obxectivo principal de lanzar diversos álbums ao vivo de la banda. Orixinalmente, Paintin' The Town Brown: Ween Live 1990-1998 ía ser o primeiro lanzamento do mesmo. Segundo Dean Ween, unha vez que o álbum foi completado, Elektra viu potencial comercial e negoulle á banda o dereito de editalo por medio de Chocodog. O primeiro lanzamiento de Chocodog foi Live In Toronto Canada (unha gravación dun concerto da súa xira de 1996, na que Ween tocou con The Shit Creek Boys).
No 2003 asinaron con Sanctuary Records e editaron Quebec, o seu primeiro álbum de estudio en tres anos. No 2004 lanzouse o CD/DVD Live in Chicago, con temas de dúas actuacións ao vivo.
En febreiro do 2006, Dean e Gene, xunto co resto da banda, alugaron unha vella granxa e convertérona nun estudio. Despois de compoñer uns 50 temas e gravar versións en bruto a través do ano 2006, regravaron co produtor Andrew Weiss as producer as versións das cancións que entrarían no EP The Friends e no álbum La Cucaracha.
Aínda que Freeman realizara ocasionalmente concertos acústicos en solitario antes de 2008, comezou a centrarse nese tipo de actuacións (anunciadas como "Gene Ween") tras a xira de La Cucaracha. En decembro de 2008 comezou a actuar con "The Gene Ween Band", que contaba con Dreiwitz no baixo xunto con Joe Russo na batería e Scott Metzger na guitarra. Os set-lists destes concertos contaban cos temas máis escuros de Ween, que rara vez tocaban nas actuacións da banda, un feixe de versións, e numerosas cancións escritas por Freeman interpretadas ao vivo por vez primeira. Freeman realizaría ducias de concertos, tanto en solitario como coa The Gene Ween Band de 2008 a 2011. O seu primeiro disco en solitario, Marvelous Clouds, un álbum de versións de Rod McKuen, foi lanzado tres semanas antes da separación de Ween.[17]
Mentres Freeman estaba traballando en proxectos musicais non relacionados con Ween, Melchiondo centrou a súa atención na pesca. Melchiondo, que de novo pasara moito tempo na casa da praia dos seus pais en Beach Haven, Nova Jersey, fíxose capitán de barco de pesca e presentou unha serie online, "Brownie Troop Fishing Show", de 2008 a 2011.[18] En 2017 aínda ofrecía viaxes en barco a través da súa web, "Mickey's Guide Service", partindo tanto de New Hope como de Belmar, Nova Jersey.[19] En 2013 anunciouse que Trey Parker e Matt Stone producirían un capítulo piloto dun programa de televisión sobre pesca, con Melchiondo e Les Claypool como protagonistas.[20]
O 3 de febreiro de 2010 Ween publicou unha canción nova, "DC Won't Do You No Good", dispoñible a través da páxina de Target Cancer. O 28 de xullo dese ano o xornal National Post publicaba un artigo cunha entrevista a Melchiondo na cal dicía que a banda estaría no estudio en inverno para gravar o seu décimo álbum.
Ween iniciou unha curta xira pola costa oeste a principios de 2011. O primeiro concerto, o 24 de xaneiro no Queen Elizabeth Theatre de Vancouver, foi un punto de inflexión na historia de Ween. Dende o principio notouse que algo non estaba ben con Freeman, que tocou a pandeireta fóra de ritmo xa na primeira canción, "Fiesta". As súas voces estiveron desafinadas durante todo o espectáculo e semellaba estás bastante intoxicado. Finalmente, Freeman deitouse no escenario mentres o resto do grupo tocaba unha versión instrumental improvisada da canción de The Carpenters "Superstar". Cando Freeman comezou a afinar a súa guitarra antes de "Birthday Boy", Melchiondo e Dreiwitz desixaron o escenario, mentres Coleman e McClelland cabiaban os instrumentos. Despois de rematar "Birthday Boy", Coleman e McClelland deixaron a Freeman só tocando as derradeiras catro cancións totalmente desafinado.[21] A pesar deste desastre, a banda actou a noite seguinte en Seattle sen problemas. Posteriormente Freeman compuxo unha canción falando do incidente de Vancouver, "Covert Discretion", que apareceu en 2014 como primeiro tema do álbum de estrea da súa nova banda, chamada Freeman. Ese mesmo ano comentou, "Non o arruínas no escenario, deitado de costas, berrando tonterías diante de 5.000 persoas e non intentas cambiar algo. É probable que cando fas algo así, teñas que facer algo diferente".[22]
Separación
O 11 de agosto de 2011 Melchiondo lanzou en silencio unha colección de temas en MP3 titulada The Caesar Demos, chamada así polo título de traballo de Quebec, para os seus amigos na súa páxina de Facebook. No seu comentario dicía que os temas foran todos gravados entre 2001 e 2003, mentres Claude Coleman se recuperaba dun accidente de coche, e que na maioría delas só aparecían el e Freeman. Ademais dun feixe de temas que finalmente apareceron en Quebec, Caesar Demos tamén contaba con varias cancións inéditas.[23][24] Freeman non estivo contento coa decisión de Melchiondo de publicar TheCaesar Demos sen preguntarlle.
Freeman anunciou a Rolling Stone o 29 de maio de 2012, que estaba "a retirar a Gene Ween",[25] e poucos días despois o representante da banda, Greg Frey, díxolle ao fans en Facebook que Freeman decidira "rematar a súa relación musical con Ween", para "explorar e dedicarse máis a fondo á súa carreira en solitario". Melchiondo parecía descoñecer iso, dicindo, "Isto é novo para min". O 20 de xullo Melchiondo abordou a suposta "ruptura" e dixo, "Só podo falar por min mesmo, pero no que a min respecta, mentres Aaron e eu esteamos vivos neste planeta, Ween segue xunto. Nunca rompemos. A idea de deixalo é simplemente ridícula. Isto non é algo que poidas abandonar. Esta é unha cadea perpetua".[26]
Posteriormente, Freeman confirmou que a súa marcha de Ween fora provocada polo seu desexo de permanecer sobrio, dicindo "O único que me importa é que me poña sobrio. Converterme nun drogadicto e alcohólico descontrolado é culpa miña e asumo a responsabilidade diso. TEÑO que deixar a organización Ween para estar sobrio".[27]
Aínda que ninguén o sabía daquela, as derradeiras actuacións de Ween en máis de catro anos foron unha serie de tres concertos no Fillmore Auditorium de Denver os días 20, 30 e 31 de decembro de 2011, sendo "The Blarney Stone" o último tema interpretado pola banda ata a súa reunión en 2016.[28] Melchiondo reformou rapidamente Moistboyz, que levaba seis anos de hiato, e tamén iniciou unha nova banda, The Dean Ween Group. Freeman tocou en solitario ata 2014, cando comezou a xirar e gravar co seu novo grupo, chamado Freeman. En 2015 Freeman comezou a usar novamente o nome de Gene Ween para as súas actuacións.
Reunión
O 16 de novembro de 2015 Ween anunciou que se reuniría para dous concertos no 1stBank Center en Broomfield, Colorado os días 12 e 13 de febreiro de 2016.[29] Durante a prevenda de entradas engadíuse unha terceira data o 14 de febreiro debido á alta demanda. Ao longo de 2016 Ween realizou esporadicamente concertos de reunión en Minneapolis, Filadelfia, Os Ánxeles, Boston, Nova York, e San Francisco e en distintos festivais en América do Norte.
En xaneiro de 2016 Dean Ween confirmou a través de Facebook de que estaban traballando nunha secuela da súa primeira colección de descartes, Shinola vol. 1.[30] O 19 de outubro dese ano a banda anunciou o lanzamento do álbum ao vivo GodWeenSatan Live, que fora gravado o 14 de setembro de 2001 e onde o grupo interpreta enteiramente o seu álbum de estrea. O disco publicouse o día 16 de novembro.[31]
O 1 de xuño de 2018, Warner Brothers editou un recompilatorio titulado Bananas and Blow; segundo Melchiondo, a banda non tivo coñecemento do álbum ata que este foi publicado. Melchiondo destacou que a elección das cancións para o disco parecía "aleatoria".
En 2020 a xira de Ween viuse interrompida pola pandemia de COVID-19 e as datas programadas para o verán dese ano adiáronse ata 2021. A banda tivo que cancelar as novas datas e pasalas para 2022 novamente por mor da pandemia.[32]
Os día 9 e 10 de agosto de 2022 Ween tocou no concerto de 25 aniversario de South Park xunto con Primus e os creadores da serie Matt Stone e Trey Parker. O concerto foi emitido por Comedy Central o 13 de agosto e por Paramount+ o día seguinte.[33]
Membros
Actuais
Dean Ween (Mickey Melchiondo) - guitarra solista e rítmica, coros e voces principais, etc. (1984 - 2012, 2015 - presente)
Gene Ween (Aaron Freeman) - voces principais e coros, guitarra rítmica e solista, etc. (1984 - 2012, 2015 - presente)
Dave Dreiwitz - baixo (1997 - 2012, 2015 - presente)