Matt Stone (2016) |
|
Nacemento | 26 de maio de 1971 (53 anos) Houston, Estados Unidos de América |
---|
Residencia | Venice |
---|
Relixión | Xudaísmo |
---|
Educación | Heritage High School (en) Universidade de Colorado en Boulder - matemáticas, filmologia (pt) |
---|
|
Lugar de traballo | Estados Unidos de América |
---|
Ocupación | director de televisión, actor de dobraxe, produtor de televisión, actor de televisión, letrista, actor de cinema, produtor de cinema, cantautor, guionista, director de cinema, animador, produtor creador |
---|
Período de actividade | 1989 - |
---|
Membro de | |
---|
Compañeiro profesional | Trey Parker |
---|
|
|
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
---|
|
Matthew Richard "Matt" Stone, nado en Houston (Texas) o 26 de maio de 1971, é un guionista, actor e produtor estadounidense, coñecido por crear, xunto co seu amigo Trey Parker a serie de animación South Park.
Traxectoria
A comezos da década de 1990 coñeceu a Parker con quen dirixiu a súa primeira curtametraxe Jesus vs. Frosty en 1992, ao ano seguinte actuou na súa primeira longametraxe Alferd Packer: The Musical que dirixiu Parker. En 1995 dirixiu outra curta Jesus vs. Santa, tamén con Parker, o resultado deulles azos para crearen unha serie de televisión animada seguindo o estilo das dúas curtas e que co nome de South Park tivo a súa estrea o 13 de agosto de 1997 e onde tamén lle pon voz a varios dos personaxes. Polo seu traballo en South Park Parker gañou catro Emmy. En 1997 produciu e actuou en Orgazmo.