Michael "Mickey" Melchiondo Jr., nado o 25 de setembro de 1970 e coñecido polo seu nome artístico Dean Ween, é un guitarrista estadounidense, e a metade da banda de rock alternativo Ween. No presente Melchiondo está activo cos grupos Moistboyz, The Dean Ween Group e Ween.
Biografía
Melchiondo coñeceu a Aaron Freeman nunha clase de mecanografía no instituto na súa cidade natal de New Hope, Pensilvania. Os dous adoptaron o apelido ficticio Ween, collendo Melchiondo o nome de Dean Ween e Freeman o de Gene Ween.
En 1991 Melchiondo formou un dúo de punk rock con Guy Heller chamado Moistboyz, editando cinco álbum de estudio, todos eles autotitulados.[1]
Melchiondo colaborou en dous proxectos do seu amigo Josh Homme: The Desert Sessions e Queens of the Stone Age. No álbum de 2002 de Queens of the Stone Age Songs for the Deaf, Melchiondo tocou a guitarra en "Mosquito Song", "Gonna Leave You" e "Six Shooter".[2]
En 2009 Melchiondo recibiu a súa licenza de capitán e adoita a organizar viaxes de pesca na costa de Jersey cunha empresa chamada Mickey's Guide Service.[3][4]
En 2012, tras a separación de Ween, Melchiondo formou The Dean Ween Group. En agosto de 2016 anunciouse o álbum de estrea de The Dean Ween Group, The Deaner Album, que foi editado o 21 de outubro a través do selo ATO Records. Un segundo álbum, rock2, foi editado en marzo de 2018.
En novembro de 2015 Ween anunciou a súa reunión.[5]
Notas