Paintin' the Town Brown: Ween Live 1990-1998

Paintin' the Town Brown: Ween Live 1990-1998
Álbum de directo de Ween
Edición22 de xuño de 1999
Gravación1990 - 1998
Duración127:28
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s)Elektra
Producido porGreg Frey, Kirk Miller, Ween
Cronoloxía
The Mollusk Paintin' the Town Brown: Ween Live 1990-1998 Craters of the Sac

Paintin' the Town Brown é o primeiro álbum ao vivo da banda estadounidense de rock alternativo Ween, editado o 22 de xuño de 1999 a través do selo Elektra Records.

Paintin' the Town Brown serve como unha retrospectiva ao vivo do grupo, un álbum de 2 CDs con temas dende os primeiros concertos de Ween (onde estaban só Dean e Gene) ata a xira de promoción de The Mollusk (aínda que non hai temas dese álbum). Entre as cancións destacan as da xira do 12 Golden Country Greats (que conta cunha banda de músicos de sesión de Nashville chamados The Shit Creek Boys), unha toma de preto de media hora de "Poop Ship Destroyer", unha versión acústica nunha librería de "Puffy Cloud", ou un feixe de temas que só apareceron ao vivo como "Mountain Dew" e "Cover It with Gas and Set It on Fire".

Este álbum estaba inicialmente destinado a ser o primeiro lanzamento do propio selo de Ween, Chocodog, pero Elektra fíxose co proxecto e editouno. isto sería un dos principais motivos para que a banda abandonase Elektra Records.

Listaxe de cancións

Disco un

N.º Título Duración
1. "Mushroom Festival in Hell"   2:48
2. "Japanese Cowboy"   4:21
3. "Mountain Dew"   5:20
4. "Bumblebee"   1:23
5. "Voodoo Lady"   6:48
6. "Ode to Rene"   2:24
7. "Mister Richard Smoker"   3:08
8. "Doctor Rock"   3:10
9. "I Can't Put My Finger on It"   8:48
10. "Cover It with Gas and Set It on Fire"   1:20
11. "Awesome Sound"   7:54
12. "Tender Situation"   4:33
13. "Mister, Would You Please Help My Pony?"   3:56
14. "I Saw Gener Cryin' in His Sleep"   2:15
15. "Marble Tulip Juicy Tree"   5:36
16. "She Fucks Me"   3:53

Disco dous

N.º Título Duración
1. "Poop Ship Destroyer"   26:07
2. "Vallejo"   30:48
3. "Puffy Cloud"   3:04