Theodore Sturgeon

Modelo:BiografíaTheodore Sturgeon
Nome orixinal(en) Edward Hamilton Waldo
(en) Theodore Sturgeon Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Edward Hamilton Waldo Editar o valor en Wikidata
26 de febreiro de 1918 Editar o valor en Wikidata
Staten Island, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte8 de maio de 1985 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Eugene, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónnovelista, guionista, crítico literario, escritor de ciencia ficción, escritor, letrado, autobiógrafo, xornalista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1938 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoCiencia ficción e Fantasía Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioE. Waldo Hunter Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiEdward Molineaux Waldo Editar o valor en Wikidata
IrmánsPeter Assheton Sturgeon Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0836318 Allmovie: p282967
BNE: XX917627 WikiTree: Waldo-596 Find a Grave: 7511468 Editar o valor en Wikidata

Theodore Sturgeon, de nome verdadeiro Edward Waldo, nado o 26 de febreiro de 1918 e morto o 8 de maio de 1985, foi un escritor norteamericano do xénero fantástico e de ciencia ficción. Máis que o seu estilo, é o ambiente e os temas abordados nos seus escritos o que fan deste autor un caso particular no universo da ciencia ficción e do fantástico, pódese falar dun universo sturgeoniano.

Traxectoria

Theodore Sturgeon naceu en Staten Island, Nova York, os seus pais divorciáronse en 1927, cando Theodore tiña nove anos, a súa nai volve casar en 1929 cun profesor de orixe escocesa, William Dicky Sturgeon, quen lle obrigou a cambiar de nome e apelido Edward Hamilton Waldo chamarase desde entón Theodore Hamilton Sturgeon. Casou cinco veces, as súas esposas foron por orde: Dorothy Fillingame (1940/1945), Mary Mair (1949/1951), Marion McGahan (1951/1965), Wina Bonnie Golden (1969/1976) e Jayne Tannahill (1976/ata a morte de Sturgeon). Tivo en total sete fillos.

En 1938 apareceu o seu primeiro relato no xornal McClure's Syndicate , e ao ano seguinte publicou o seu primeiro relato do xénero fantástico, e así seguiu escribindo numerosos relatos destinados a revistas de ciencia ficción como Astounding Science Fiction e Unknown. Tamén escribiu, en tanto que negro, un episodio das aventuras do detective Ellery Queen, The Player on the Other Side (Random House, 1963).

A maioría das obras de Sturgeon teñen un aire poético e mesmo elexíaco, utilizou nos seus escritos a técnica da prosa rítmica que debía asegurar á unha escrita unha certa regularidade métrica e permitíalle proceder a tenues cambios de atmosfera que escapan á conciencia do lector.

Theodore Sturgeon tamén escribiu guións dalgúns episodios de Star Trek : Shore Leave (1966) e Amok Time (1967), este último coñécese por inventar o Pon farr, o ritual sexual dos vulcain. Sturgeon escribiu máis guións para a serie que non se filmaron endexamais.

Aínda que non foi un autor popular, influíu en autores da ciencia ficción máis coñecidos como Ray Bradbury e Kurt Vonnegut.

Obras

Novelas

Coleccións de relatos

  • Caviar (1955). Inclúe:- Bright Segment; Microcosmic God; Ghost of a Chance; Prodigy; Medusa; Blabbermouth; Shadow, Shadow on the Wall; Twink.
  • A Touch of Strange (1958). Inclúe:- The Pod in the Barrier; A Crime For Llewellyn; The Touch of Your Hand; Affair With A Green Monkey; The Girl Had Guts; The Other Celia; It Opens the Sky; A Touch of Strange.
  • E Pluribus Unicorn (1959). Inclúe:- The Silken-Swift; The Professor's Teddy-Bear; Bianca's Hands; A Saucer of Loneliness; The World Well Lost; It Wasn't Syzygy; The Music; Scars; Fluffy; The Sex Opposite; Die, Maestro, Die!; Cellmate; A Way of Thinking.
  • Not Without Sorcery (1948). Inclúe:- The Ultimate Egoist; It; Poker Face; Shottle Bop; Artnan Process; Memorial; Ether Breather; Butyl and the Breather; Brat; Two Percent Inspiration; Cargo; Maturity; Microcosmic God.
  • Starshine (1968). Inclúe:- "Derm Fool"; The Haunt; Artnan Process; The World Well Lost; The Pod and the Barrier; How to Kill Aunty.
  • Sturgeon in Orbit (1970). Inclúe:- Extrapolation; The Wages of Synergy; Make Room For Me; The Heart; The Incubi of Parallel X.
  • Sturgeon Is Alive and Well... (1971). Inclúe:- To Here and the Easel; Slow Sculpture; It's You!; Take Care Of Joey; Crate; The Girl Who Knew What They Meant; Jorry's Gap; It Was Nothing—Really!; Brownshoes; Uncle Fremmis; The Patterns Of Dorne; Suicide.
  • The Worlds of Theodore Sturgeon (1972). Inclúe:- The Skills of Xanadu; There is No Defense; The Perfect Host; The Graveyard Reader; The Other Man; The Sky Was Full of Ships; Shottle Bop, Maturity; Memorial.
  • To Here and the Easel (1973). Inclúe:- To Here and the Easel; The Skills of Xanadu; There is No Defence; The Perfect Host; The Graveyard Reader; Shottle Bop.
  • Case and the Dreamer (1974). Inclúe:- Case and the Dreamer; If all men were brothers, would you let one marry your sister?; When you care, when you love.

Relatos