A cidade está situada ao sur do val Willamette, e a 86 km ao leste da costa de Oregón.
Poboación
En 2010 Eugene tiña unha poboación de 156 185 habitantes.
O concello ocupa unha superficie de 113,29 km², dos que 113,23 corresponden a terra firme e 0,5 ás augas.
A poboación ditribúese nos seguintes grupos étnicos:[2]
Brancos, 86,0 %
Hispanos, 5,0 %
Aisáticos, 3,5 %
Negros, 1,2 %
Indíxenas, 0,8 %
Outros, 3,1 %
Historia
O nome da cidade vén do seu fundador, Eugene Franklin Skinner, que construíu a primeira cabana na zona. O edificio era utilizado como un mercado fronteirizo e unha oficina de correos, despois de que Skinner obtivera a autorización o 8 de xaneiro de 1850. Durante eses anos o asentamento chamámabase Skinner's Mudhole (O Foxo de Lama de Skinner).[3]
Doce anos despois, en 1862, Skinner estableceu a vila de Eugene e dirixía un transbordador no río Willamette, onde hoxe se encontra a ponte da rúa Ferry.