Stewart Granger

Modelo:BiografíaStewart Granger

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) James Lablache Stewart Editar o valor en Wikidata
6 de maio de 1913 Editar o valor en Wikidata
Kensington (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda) Editar o valor en Wikidata
Morte16 de agosto de 1993 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Santa Monica (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de próstata
cancro óseo Editar o valor en Wikidata
EducaciónWebber Douglas Academy of Dramatic Art (en) Traducir
Epsom College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, labrego, actor de cinema, actor de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1933 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoWéstern Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeCaroline LeCerf (1964–1969), divorcio
Jean Simmons (1950–1960), divorcio
Elspeth March (1938–1948), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosTracy Granger
 () Jean Simmons Editar o valor en Wikidata
NaiFrederica Eliza Lablache Stewart Editar o valor en Wikidata
ParentesBunny Campione, sobriña Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001289 Allocine: 606 Rottentomatoes: celebrity/stewart_granger Allmovie: p28178 142899 TV.com: people/stewart-granger IBDB: 42809
BNE: XX1358531 WikiTree: Stewart-26601 Find a Grave: 8122 Editar o valor en Wikidata

James Lablache Stewart, nado en Londres o 6 de maio de 1913 e finado en Santa Monica o 16 de agosto de 1993, foi un actor británico coñecido como Stewart Granger, asociado con protagonistas heroicos e románticos. Foi un actor popular desde a década de 1940 a principios dos sesenta.

Traxectoria

Granger estudou interpretación na escola Webber Douglas Academy of Dramatic Art, e unha vez rematada a súa formación comezou a participar como extra en filmes ingleses. A finais da década de 1930 adoptou o seu nome artístico Stewart Granger, para evitar confusións co actor estadounidense James Stewart, que nesa época estaba a adquirir unha crecente popularidade en Inglaterra. Durante varios anos continuou a actuar no cinema como extra ou en pequenos papeis e traballou tamén en varias compañías de teatro.

Por fin, en 1939, Granger conseguiu un papel principal nu filme, So This Is London. A partir de entón foise convertendo nun dos actores románticos máis populares do seu pais, obtendo éxito tras éxito nos filmes en que actuaba, case sempre no papel de heroe. Finalmente acabou chamando a atención dos estudios de Hollywood,[1] e en 1950 asinou un contrato con Metro-Goldwyn-Mayer.[2] Nos anos seguintes interveu en numerosos filmes, encarnando heroes románticos e aventureiros.

Granger era un home alto a quen lle gustaba matizar as súas interpretacións de estilo shakespeariano con algo de humor e de innegable atractivo varonil, cunha voz suave e unha melena de cabelo ondulado, que resultaba un galán simpático a todos os públicos. Actuaba con enorme facilidade, podía comunicar intensidade emocional e convicción, e parecía gozar coas súas personaxes. Moitas das escenas de risco as realizaba el, sen deixarse dobrar por especialistas.

En 1956 adquiriu a nacionalidade estadounidense e comezou a traballar de xeito independente, é dicir, sen estar na nómina de estudio ningún. Nos anos seguintes apareceu novamente en producións británicas, así como doutros países. A partir de 1970 actuou tamén en filmes e series para televisión, tanto nos Estados Unidos como en Europa. Granger regresou así mesmo de cando en vez ao teatro, onde obtivo un éxito considerable. A súa última aparición en escena foi en Broadway, na obra The Circle, coprotagonizada por Rex Harrison.[3]

Stewart faleceu en Santa Monica, a causa de cancro de próstata e ósos, aos 80 anos de idade.[4]

Vida persoal

Granger estivo casado en tres ocasións e tivo catro fillos:[5][6]

Granger afirmou na súa autobiografía que Deborah Kerr se achegara a el romanticamente na parte de atrás do seu coche cando estaban a rodar Caesar and Cleopatra.[7] Aínda que nesa época el estaba casado, dixo que el e Kerr tiveron unha aventura.[8] Preguntada por esta revelación, Kerr respondeu "Que home máis galante".[9]

Filmografía

Notas

  1. Brady, Thomas F. (3 de agosto de 1949). "STEWART GRANGER SIGNS WITH METRO: British Star to Play Opposite Deborah Kerr for Studio in 'King Solomon's Mines'". The New York Times. p. 27. 
  2. 'FRANCIS' STORIES ARE BOUGHT BY U.-I.: The New York Times 17 de maio de 1950: 35.
  3. Rich, Frank (21 de novembro de 1989). "Review/Theater; Rex Harrison Back on Broadway". The New York Times. Consultado o 12 de maio de 2009. 
  4. "Movie swashbuckler Granger dies at 80". Ocala Star-Banner – vía Google News Archive Search. 
  5. Grimes, William (18 de agosto de 1993). "Stewart Granger, 80, Star in Swashbuckler Roles". New York Times. 
  6. "Stewart Granger". www.nndb.com. 
  7. Granger, Stewart. Sparks Fly Upward, Putnam; 1st American edition (1981), ISBN 0-399-12674-0
  8. "Stewart Granger". Consultado o 19 de novembro de 2007. 
  9. Vallance, Tom (17 de agosto de 1993). "Obituary: Stewart Granger". The Independent (Londres). 

Véxase tamén

Ligazóns externas