O prisioneiro de Zenda (en inglés: The Prisoner of Zenda) é un filme estadounidense de 1952 dirixido por Richard Thorpe. É un remake do filme homónimo de 1937 e da versión muda de 1922. Está protagonizado por Stewart Granger, Deborah Kerr e James Mason (xunto con Louis Calhern, Robert Douglas, Jane Greer e Robert Coote).
Estreouse en galego o 16 de setembro de 1991 a través da TVG.[2]
Sinopse
No imaxinario país de Ruritania, a véspera da coroación do seu soberano, este é secuestrado polo seu ambicioso medio irmán que desexa o trono para el. Os súbditos de confianza do monarca, adiviñando as intencións do perverso irmán, convencen un turista, Rudolf Rassendyll, para que suplante o rei. O seu parecido é tan extraordinario que ningún dos outros súbditos nota a diferenza. Para rescatar o verdadeiro rei prepárase unha expedición para sacalo do castello de Zenda onde está secuestrado. O turista, namorado da princesa Flavia participa activamente na loita.
Personaxes
Produción
Esta versión difere moi pouco da precedente de 1937 producida por David O. Selznick e protagonizada por Ronald Colman e Madeleine Carroll. Ademais, mantívose a banda sonora composta por Alfred Newman.
De acordo con Hollywood Reporter, MGM pagou a Selznick 225 000 dólares polos dereitos da novela de Anthony Hope.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 'The Eddie Mannix Ledger’, Margaret Herrick Library, Center for Motion Picture Study, Os Ánxeles
- ↑ Versión en galego (ed.). "O prisioneiro de Zenda na TVG". Consultado o 17 de setembro de 2021.
Véxase tamén
Ligazóns externas