Os Palotinos ou Pais Palotinos son unha comunidade relixiosa de irmáns e sacerdotes da Igrexa católica fundada en 1835 co nome de Sociedade do Apostolado Católico (societas apostolatus catholici) ou SAC. O nome de Palotinos débenllo ó seu fundador, un sacerdote romano chamado Pai Vicente Pallotti (1795-1850), declarado santo durante o Concilio Vaticano II, polo Papa Xoán XXIII o 20 de xaneiro de 1963. Aínda que foi fundada en Roma, actualmente están espallados por todo o mundo e son aproximadamente 2500 membros.
Historia
A Sociedade do Apostolado Católico foi fundada en Roma por Vicente Pallotti no ano 1835.[1] Polo apelido do seu fundador os membros son chamados palotinos. A aprobación papal definitiva da orde deuna Pío X en 1904.
Un exemplo do seu traballo é a Misión Palotina do Camerún establecida no 1890 na entón colonia do Camerún parte do Imperio Alemán.
No 1948 algúns pais palotinos da provincia do Sagrado Corazón de Xesús, localizados na Alemaña do sur, chegan a España procedentes do Uruguai, coa intención de obter vocacións para América Latina. Dende 1952 a orde toma máis corpo coa apertura dun colexio, cunha finalidade orixinal dirixida cara ao envío de vocacións ás misións, seguindo as ordenanzas de Vicente Pallotti. Cos anos, o carácter e a finalidade das presenzas palotinas adaptouse ás necesidades dos distintos lugares onde se foi establecendo. Na actualidade, esta Comunidade está presente nas provincias de Biscaia, León e Tenerife, sendo a diocese de Astorga a fonte vocacional da comunidade en España.
Alí localízase a Casa de espiritualidade e acollida Vicente Pallotti. Esta construción é un antigo balneario que foi remodelado no 1983 e que actualmente é un fogar de acollida e encontro, aproveitando o manancial de augas termais da casa e a hospitalidade da comunidade. Inicialmente, fora colexio e lugar de formación. Tras as inundacións de 1983, a casa acondicionouse para a súa actual finalidade.
Alí atópase a Parroquia Raíña dos Apóstolos. Encomendada pola diocese, o templo actual nace sendo atendido pola comunidade de palotinos, que arestora levan máis de 25 anos facéndose cargo da pastoral da parroquia.
Este lugar localízase entre León e Astorga, preto da poboación de Veguellina de Órbigo. Alí, os palotinos construíron no 1957 un colexio co obxectivo puntual de obter vocacións para América Latina, que era a finalidade inicial coa que chegaron a España. Tempo máis tarde, ademais de cumprir con esa misión, foron dando resposta á necesidade da época de ofrecer un ensino de calidade nun contorno rural. O colexio cumpriu con esa misión ata o seu peche no ano 2000. Os palotinos seguen colaborando na pastoral parroquial deste contorno, dende unha casa que se construíu nas inmediacións do antigo edificio do colexio.
Dende o 2006 os palotinos colabora na pastoral da Basílica da Nosa Señora da Aciñeira, atendendo á pastoral do Camiño de Santiago na zona e ocupándose da pastoral rural do Val do Silencio.
Tenerife
Os palotinos italianos deixaron unha pegada pasaxeira nos inicios do século XX. Logo, un palotino comezou o seu labor pastoral no sur da illa e dende fai xa uns anos, a Comunidade atende os labores parroquiais nas poboacións e inmediacións de San Isidro e O Médano. Tamén colaboran coa pastoral da Comunidade alemá dos Cristiáns, do aeroporto e do santuario da Cova do Irmán Pedro.
Arxentina
O Consello provincial de Limburg an der Lahn, Alemaña, mando ao padre Francisco Xavier Zeus á Arxentina para atender ás comunidades de inmgrantes alemáns en 1925. Co tempo tamén asumiron a xestión de dous centros educativos de Buenos Aires. Dende a delegación arxentina asumiuse a difusión da orde a Chile e Bolvia.[3]
En 1976, cinco relixiosos palotinos, entre eles o galego Salvador Barbeito Doval,[4] foron asasinados xuntos na igrexa de San Patricio durante a ditadura militar chamada Proceso de Reorganización Nacional (1976-1983). O feito é coñecido como o Masacre de San Patricio. Os cinco relixiosos son considerados mártires pola congregación dos palotinos. No 2006 o cardealJorge Mario Bergoglio iniciou os trámites para a canonización dos cinco relixiosos como mártires da fe.[5]
O infinito é o cualificativo que dá Pallotti ao Amor de Deus.
A estrela da Epifanía, que guiou aos Reis Magos e simboliza a chamada para coñecer a Xesús.
Labor
As tarefas ás que se dedican parten dun punto común que é o convencemento profundo do seu fundador de que Deus creou ao home á súa imaxe e semellanza, e fíxoo movido polo seu infinito amor. Ese amor é o que debe mover a todos os cristiáns a buscar a Deus e facelo realidade na vida de todos. É ese amor o que fai que esta comunidade proclame a mensaxe salvadora de Xesús Cristo mediante as súas palabras e accións. Todos os bautizados, homes e mulleres, están chamados a ser apóstolos. Por iso, a colaboración cos laicos é parte fundamental do seu ser palotino/palotina, así como tamén o é a formación dun laicado competente, responsable e apaixonado da Boa Noticia. Por este motivo, A Sociedade do Apostolado Católico, convoca a sacerdotes, irmáns e laicos para establecer un compromiso común de vivir e propagar xuntos o evanxeo de Xesús Cristo.