O termo simetría (do grego συμμετρία symmetría "medida conxunta"[1]) ten xeralmente dous significados. O primeiro fai referencia a un concepto impreciso de harmonía ou estética que resulta agradábel e pracenteiro aos sentidos Así o escultor grego Policleto, nun libro seu sobre as proporcións, ligaba a simetría coa beleza. O segundo significado é máis preciso e está relacionado con certas propiedades xeométricas que denotan patróns de autosimilitude ou de repetición que posúen algúns corpos, como ocorre, por exemplo, na simetría bilateral[2].
Aínda que ambos significados son distinguíbeis nalgúns contextos, na maioría das ocasións aparecen intimamente ligados.
O concepto de simetría aparece en infinidade de situacións. Así, pode ser observada:
a través doutras clases de transformacións funcionais como, por exemplo, na repetición regular dun patrón no pavimento, en transformacións complexas de ecuacións, ou na maneira en que se executa unha peza musical.
O termo simetría ten dous posíbeis significados en xeometría[5]:
A simetría como transformación xeométrica
A simetría é unha é unha transformación isométrica involutiva que altera a orientación. A isometría refírese a que non altera as medidas. A involución significa que aplicándoa dúas veces se volve ao estado inicial.
A simetría no espazo recibe o nome de simetría especular que se caracteriza porque, dado un plano Π do espazo, chamado plano de simetría, transforma un punto calquera P do espazo que non estea en Π, noutro punto P´ tal que o plano Π é perpendicular ao segmento PP´ no seu punto medio; se P está en Π entón o seu transformado é el mesmo.
Se multiplicamos (aplicamos sucesivamente ou compoñemos) simetrías tanto no plano como no espazo, se obtén unha transformación chamada movemento. Exemplos de movementos son:
As propias simetrías axial e especular.
Unha rotación ou xiro é un movemento que se obtén do produto, no plano ou no espazo, de dúas simetrías de eixos ou planos de simetría secantes, respectivamente. Se o número de simetrías que se multiplican é par, se di que a rotación é propia (conserva a orientación). En caso contrario é impropia (altera a orientación).
Unha translación é un movemento que se obtén do produto, no plano ou no espazo, de simetrías de eixos ou planos de simetría paralelos, respectivamente. Ao igual cos xiros, as translacións poden ser propias ou impropias.
Un movemento helicoidal no espazo é o produto dunha translación por unha rotación, ou viceversa. Tamén poden ser propias ou impropias.
A simetría como propiedade
A simetría é a propiedade que ten un corpo ou unha figura do plano ou do espazo, que consiste en permanecer invariante por algún dos movementos anteriores. O conxunto de tódolos movementos que deixan invariante un obxecto φ ten a estrutura matemática de grupo e recibe o nome de grupo de simetría de φ: Gφ.
Se Φ é unha figura do plano que permanece invariante ao lle aplicar xiros con centro nun certo punto O e amplitude un múltiplo de 360º/n; dise que Φ posúe unha simetría de n-ésima orde e O chámase centro de simetría de n-ésima orde. Neste caso, o grupo de simetría de Φ, GΦ, é un grupo cíclico de orde n.
Analogamente se define a simetría de n-ésima orde no espazo respecto dun eixo de simetría. Por exemplo, un cubo ten unha simetría de cuarta orde (tamén se di que é 4-simétrico) respecto da recta que pasa polos centros de dúas caras opostas; e unha simetría de terceira orde se o eixo de simetría é unha diagonal.
Simetría en álxebra
Certas fórmulas manteñen simetría na súa expresión como a fórmula das potencias enteiras dun binomio (a+b)n, debida en gran medida á simetría do triángulo de Tartaglia, cuxas filas son os coeficientes dos termos do desenvolvemento de (a+b)n.
Unha relación binaria R nun conxunto A ten a propiedade simétrica se dados a,b elementos de A tal que aRb, entón se verifica tamén que bRa. Un exemplo de relación simétrica é a relación de congruencia módulo m, nos números naturais.
Nun grupo, o simétrico dun elemento é aquel que operado con el, dá como resultado o elemento neutro do grupo. En grupos aditivos, o elemento neutro se denota por 0, e o simétrico dun elemento é o seu oposto. En grupos multiplicativos, o elemento neutro se denota por 1, e o simétrico dun elemento é o seu inverso.
Unha matriz cadrada é simétrica se coincide coa súa trasposta.
Moitas máis definicións fan referencia á simetría, así hai polinomios simétricos, grupos simétricos e formas bilineais simétricas. En álxebra superior hai moitas máis situacións onde aparece o concepto de simetría, como na Teoría de Galois ou no estudo da dualidade.
Simetría en topoloxía
Dado un conxunto X, unha simétrica sobre X é unha función real non negativa d, definida sobre os pares de X, que verifica os axiomas:
Recíprocamente, un espazo topolóxico dise que é simetrizábel se a súa topoloxía está xerada por unha simétrica.
Simetría en análise matemática
Unha función real de variábel real é par ou simétrica respecto do eixo vertical se valores opostos teñen imaxes iguais, é dicir, se f(-x)=f(x) para calquera x do dominio de f.
Unha función real de variábel real é impar ou simétrica respecto da orixe de coordenadas se valores opostos teñen imaxes opostas, é dicir, se f(-x)=-f(x) para calquera x do dominio de f.
Unha simetría dunha ecuación diferencial é unha transformación que deixa invariante a ecuación diferencial. Unha simetría de Lie nun sistema de ecuacións diferenciais é unha simetría continua do sistema de ecuacións diferenciais. O coñecemento das simetrías e das simetrías de Lie é de moita axuda para resolver ecuacións e sistemas de ecuacións diferenciais[6].
Existen máis exemplos na Análise Matemática onde intervén o concepto de simetría, como no dominio de integración das integrais múltiples.
Simetría no cálculo de probabilidades e estatística
Se os sucesos elementais dun experimento aleatorio son equiprobábeis dise que hai simetría dos sucesos elementais. Cando isto ocorre, úsase a regra de Laplace (casos favorábeis/casos posíbeis) para calcular probabilidades de sucesos.
En teoría de xogos, un xogo é simétrico cando as recompensas por xogar unha estratexia particular dependen só das outras estratexias empregadas, non de quen as xogue. Se se poden intercambiar as identidades dos xogadores sen cambiar as recompensas, o xogo é simétrico.
Simetría en física
.
Algúns exemplos de fenómenos físicos onde se observa simetría son:
O movemento dunha partícula impulsada verticalmente cara a arriba (desprezando a resistencia do aire): A posición da partícula é simétrica con respecto ao instante no que o obxecto está á altura máxima. En cada punto da traxectoria a velocidade de subida é a mesma ca de baixada.
O centro de gravidade dos corpos que posúen simetría radial coincide co centro de simetría. Se o corpo posúe un eixo de simetría, o centro de gravidade será algún punto de dito eixo.
A reflexión da luz é un fenómeno con clara simetría reflectiva.
O campo eléctrico debido a un cable ten simetría cilíndrica pois a intensidade do campo eléctrico a unha certa distancia r do cable cargado electricamente de lonxitude infinita, terá do mesmo valor en tódolos puntos da superficie dun cilindro (cuxo eixo é o cable) de radio r. Xirando o cable sobre o seu propio eixo, non varía a súa posición nin a súa densidade de carga, polo tanto o campo eléctrico tampouco e, en consecuencia, a intensidade do campo é a mesma e cada punto.
Na electrónica de radiofrecuencia, fálase dunha alimentación simétrica de AC cando ningún dos condutores está á masa. Cando un dos condutores está á masa e o outro experimenta as variacións de tensión, dise que a alimentación é asimétrica.
Unha clase de simetría coñecida como supersimetría, ou abreviadamente SUSY, está sendo usada para facer avances teóricos no modelo estándar. A supersimetría baséase na idea de que hai outra simetría física ademais das xa desenvolvidas no modelo estándar. A supersimetría afirma que cada partícula elemental ten a súa partícula supersimétrica. Aínda non foi verificada experimentalmente e de ser certa, suporía un grande avance para a teoría do campo unificado que unifica, introducindo principios comúns, os catro tipos de forza que se coñecen: a gravitacional, a electromagnética, a nuclear feble e a nuclear forte[7].
A relación entre a simetría e a estética é complexa. Certas simetrías simples, en particular a simetría bilateral, semellan estar profundamente arraigadas na percepción inherente que temos os humanos da saúde ou bo estado físico, como se pode observar co simple experimento de distorsionar un lado dunha imaxe dun rostro atractivo e pedirlle á xente que vexa a imaxe e que califique o seu grao de beleza. En consecuencia, estas simetrías que imitan a bioloxía teñen unha aparencia innata que induce unha forte tendencia a crear artefactos cunha simetría similar. Só se necesita imaxinar a dificultade en tratar de comercializar un automóbil asimétrico entre os posíbeis compradores para comprender o poder das simetrías, como a bilateral, inspiradas na bioloxía .
Outro aspecto sutil da simetría é a simplicidade, que produce unha sensación de seguridade e familiaridade. Por exemplo, unha habitación cun alto grao de simetría é tamén inevitabelmente unha habitación coa que unha persoa que está nun ambiente estraño ou potencialmente ameazada, se pode identificar fácil e rapidamente. Así mesmo, a xente que medrou nunha casa cun gran número de ángulos rectos e de obxectos indénticos, pode sentir desacougo a primeira vez que estea nunha habitación sen tantos ángulos rectos nin obxectos idénticos. A simetría por tanto pode ser unha fonte de comfort non só como un indicador da saúde biolóxica, senón tamén proporcionando seguridade e comprensión dun ambiente.
Pola contra, a excesiva simetría pode ser percibida como aburrida ou carente de interese. En particular, os humanos temos un forte desexo de explorar novas oportunidades e posibilidades, e un excesivo grao de simetría pode levar a unha carencia de tales oportunidades. A maioría da xente mostra preferencia por figuras cun certo grao de simplicidad e simetría, pero coa suficiente complexidade para facelas interesantes[8].
Aínda outra posibilidade dase cando as simetrías tórnanse demasiado complexas ou demasiado desafiantes. Neste caso a mente humana tende a ignoralas e percibilas como un ruído que non proporciona ningún tipo de información.
Finalmente, as percepcións e apreciacións das simetrías dependen da bagaxe cultural. Así, o grande uso que se fai das simetrías xeométricas complexas en moitas culturas islámicas, fai máis probábel que a xente desas culturas aprecie tales formas de arte (ou se rebele contra elas)
Como en moitas tentativas humanas, o resultado da confluencia de moitos deses factores é que o uso efectivo da simetría na arte e a arquitectura é complexo, intuitivo e altamente dependente das habilidades dos individuos que deben mesturar e combinar tales factores dentro do seu propio traballo creativo. Ao igual que a textura, a cor, a proporción, e outros factores, a simetría é un poderoso ingrediente nalgunhas desas sínteses. Só se necesita examinar o Taj Mahal para apreciar o poderoso papel que xoga a simetría na determinación da aparencia estética dun obxecto.
A arquitectura modernista rexeita a simetría, afirmando que só un mal arquitecto se apoia na simetría. No canto de proxectos simétricos de bloques, masas e estruturas, a arquitectura modernista baséase en ás e equilibrio de masas. A primeira interpretación desta arquitectura que ignora a simetría áchase no chamado Estilo Internacional. Algunhas persoas encontran revolucionarios os proxectos de edificios e estruturas asimétricas, mentres outras os consideran estresantes, aburridos e contranaturais.
Simetría nas artes plásticas
Desde a antigüidade, as civilizacións apreciaron o valor estético da simetría, úsandoa profusamente nas súas manifestacións artísticas. A continuación amósanse algúns exemplos[2]:
Unha das creacións máis temperás do ser humano onde se aprecia simetría é a cerámica e olaría en xeral. Non só no que se refire á forma dos obxectos manufacturados, senón tamén á súa decoración. Así, pódense achar patróns simétricos en obxectos de bronce fundido desde o século XVII a.C. na antiga China. Os vasos de bronce exhibían, xeralmente, un motivo simétrico principal e un deseño de moldura repetitivo. A cerámica persa, datada no 6000 a.C. usaba figuras en zigzag, cadrados e patróns entrecruzados simétricos.
O pobo sumerio foi, de entre os antigos, o que máis soubo apreciar a simetría bilateral como se observa nos debuxos do xerrón do rei Entemena da cidade de Lagash, datada aproximadamente no 2.700 a.C. Amosa unha aguia de fronte con cabeza de león e coas ás abertas, debaixo das cales hai cervos que están a ser atacados por leóns. Debaixo desta escena hai outra semellante onde os cervos son substituídos por cabras.
Os persas usaron profusamente a simetría de translación. No palacio de Darío en Susa pódese apreciar no famoso relevo dos lanceiros.
No antigo Exipto temos un claro exemplo de simetría nas pirámides onde aparecen as simetrías especular e radial.
A civilización grega posuía uns grandes coñecementos de xeometría que aplicaron na súa arquitectura, cerámica, pinturas etc. O Partenón é un magnífico exemplo das simetrías especular e de translación.
O tríscele da cultura castrexa é unha figura de simetría radial de orde 3. Pódese apreciar nos extremos dun torque achado no castro de Santa Trega, no que tamén se aprecia unha decoración en espiral repetitiva (simetría de translación).
Na época dos primeiros cristiáns representábase a Cristo como figura central e de fronte, mentres que os restantes personaxes distribuíanse de perfil á súa esquerda e dereita.
Os mosaicosostrogodos de Rávena amosan simetría translacional, non sempre perfecta como se aprecia no mosaico que representa a Cristo no seu trono rodeado de anxos, na igrexa de San Apolinar Novo. A figura central de Cristo introduce certa asimetría na escena.
O tímpano occidental da igrexa románica de San Pedro de Trasalba exhibe gran riqueza simétrica: a simetría axial de todo o conxunto e dalgunhas das súas partes, as simetrías radiais de orde 4 na figura central, de orde 5 nos círculos pequenos dos laterais, e parcial de orde 6 nos tres semicírculos que rodean á figura central. Amais temos unha simetría espacial especular nos dous canzorros enfrontados na base do tímpano.
As escaleiras do púlpitogótico da catedral de San Estebo de Viena amosan unha simetría helicoidal na que se van alternando os trísceles coas rodas con forma esvástica. Ao mesmo tempo, estas dúas formas teñen simetría radial de orde 3 e 4 respectivamente.
Unha longa tradición do uso da simetria en patróns de tapicería encóntrase espallada por varias culturas. Os indios navagho de América usaban diagonais acentuadas e motivos rectangulares. Moitos tapices orientais teñen intricados centros reflexos e contornas que trasladan patróns. Non sorprende que moitos tapices fagan uso da simetría cuadrilateral, onde un motivo é simultaneamente reflectido polos eixos vertical e horizontal.
No campo dos milagres de Pisa, encontramos simetrías nos tres edificios que alí se achan: o Baptisterio, a Torre inclinada e o Duomo. No Baptisterio pódense distinguir seis niveis horizontais, cada un deles con simetría de revolución de distinta orde. Pola contra, as arcadas dos seis andares da torre inclinada teñen a mesma orde na súa simetría de revolución. O Duomo amosa simetría translacional nas súas columnas e frisos ao tempo que a cúpula está rodeada por unha columnata con simetría de translación.
Na música, a simetria debe ser considerada na formación de escalas e acordes. Das escalas ou acordes simétricos, como a escala tonal completa, o acorde aumentado, ou diminuído, e o acorde de sétima, dise que están desprovistos de dirección ou sentido de movemento en relación a un centro sonoro, sendo ambiguos en relación á dominante ou Centro Tonal, tendo unha menor funcionalidade diatónica específica.
A simetría pode manifestarse na estrutura formal dunha peza musical. Por exemplo, en Béla Bartók, a organización formal das distintas seccións dunha obra musical respecta unha simetría en arco (ABCBA), o que tamén acontece con autores como Steve Reich, ou James Tenney – aínda que ese recurso á simetría se repita, desde Bach ata ao jazz.
O compositor portugués Fernando Corrêa de Oliveira foi responsábel da creación dun modo de escritura musical: a harmonía simétrica e, máis tarde, o contrapunto simétrico. A harmonía simétrica consiste en concibir o acorde a partir dun centro, definindo, en sentidos opostos, notas que fan en relación a ese centro intervalos iguais. Aplicando o mesmo principio á melodía, estaremos a utilizar o contrapunto simétrico.
Tamén na danza, Lucinda Childs, influenciada polo minimalismo, transporta o concepto de simetría para movementos corporais repetitivos que son executados nun escenario baleiro. É, porén, na danza clásica que a simetría se torna máis evidente, tanto nas coreografías como nos xestos estruturados dos bailaríns (en contraste coa complexidade de moitos dos movementos usados na danza contemporánea).
Simetría na linguaxe
Hai palabras ou frases nas que a orde das letras non varía se se len desde o final ao comezo, chámanse palíndromos. Exemplos de palíndromos son: na man, a breve verba, e acaso rosa cae, só nós etc.
Certos comportamentos e actitudes levan implícito unha noción de simetría. Exemplos son:
A regra de ouro, que se pode resumir na frase non fagas o que non desexas que che fagan.
A reciprocidade, que é a forma máis común de intercambio en sociedades de economía que prescinde do mercado, isto é, que non fan, venden ou compran bens ou servizos.
A empatía ou sentimento de participación afectiva dunha persoa na realidade que afecta a outra.
A simpatía vai máis alá cá empatía, é a capacidade de percibir a situación dunha maneira similar á persoa involucrada. Isto implica, xa que logo, a preocupación, ou a participación, ou o desexo de aliviar os sentimentos negativos que a outra está tendo.
Simetría na historia, relixión e cultura
En toda empresa humana na que un efecto visual impresionante forma parte do obxectivo desexado, as simetrías xogan un papel importante. O poder innato da simetría pódese achar nas nosas reaccións ante sucesos ou obxectos naturais con gran simetría, como as precisas formas dos cristais naturais ou as fermosas cunchas en espiral. Con frecuencia, a nosa primeira reacción ante estas formas é preguntarnos se foron feitos por seres humanos, rapidamente seguida pola sorpresa ao decatarnos que as simetrías que chamaron a nosa atención son de formación natural. En ambas reaccións tendemos a apreciar as simetrías tanto pola súa beleza como pola información que nos proporcionan do mundo que nos rodea.
↑Os obxectos simétricos poden ser materiais como unha persoa, un cristal, un cobertor, un pavimento, ou unha molécula; ou poden ser obxectos abstractos como unha ecuación matemática ou unha serie de tons musicais
Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada Maret 2016. SMA Laboratorium Percontohan Universitas Pendidikan IndonesiaInformasiDidirikan19702003 Diserahterimakan dari Yayasan Kesejahteraan KORPRI ke UPIAkreditasiANomor Pokok Sekolah Nasional20219790Kepala SekolahDr. Deni Kadarsah, M.Pd.Jumlah kelas26...
Mappa dello Zimbabwe Le province dello Zimbabwe sono la suddivisione territoriale di primo livello del Paese e sono pari a 10.[1] Due di queste sono città con status di provincia, Bulawayo e Harare. Indice 1 Lista 2 Note 3 Altri progetti 4 Collegamenti esterni Lista Localizzazione Provincia Capoluogo Popolazione(2012) Superficie(Km²) Provincia del Manicaland Mutare 1 752 698 36 459 Provincia del Mashonaland Centrale Bindura 1 152 520 28 347 Provincia de...
English actress (1769–1808) Anne Brunton Merry by Samuel De Wilde Ann Brunton Merry (30 March 1769 – 28 June 1808) was an English actress popular in the United Kingdom and later America. Life Ann (or Anne) Brunton was born 30 May 1769[1] in Covent Garden, England, one of 14 children of John Brunton (b. 1741), an actor and manager of the Theatre Royal, Norwich.[2] In February 1785, she first appeared at the Theatre Royal, Bath as Euphrasia in The Grecian Daughter, which was...
Si ce bandeau n'est plus pertinent, retirez-le. Cliquez ici pour en savoir plus. L'admissibilité de cette page est à vérifier (mars 2024). Motif : Au-delà de la qualité des sources (on demande des sources d'envergure nationale), toutes les sources datent de 2015 (on demande deux ans d'écart). Ces stages comptant, selon l'article, 40 participants bénéficient-ils d'une notoriété suffisante pour mériter un article en propre ? Simple mention sur Femmes dans l'informatique...
La statue de la Liberté à New York symbolise l'idée de rêve américain pour des milliers de migrants venus par l'interface atlantique. La perspective de prospérité par l'enrichissement personnel fait partie intégrante du rêve américain. Le rêve américain (American Dream en anglais) est l'idée selon laquelle n'importe quelle personne vivant aux États-Unis, par son travail, son courage et sa détermination, peut devenir prospère[1]. La notion de cette possibilité pour n'importe q...
artikel ini tidak memiliki pranala ke artikel lain. Tidak ada alasan yang diberikan. Bantu kami untuk mengembangkannya dengan memberikan pranala ke artikel lain secukupnya. (Pelajari cara dan kapan saatnya untuk menghapus pesan templat ini) Titan 23G, Titan II(23)G, Titan 2(23)G atau Titan II SLV adalah sistem peluncuran expendable (sekali pakai) Amerika berasal dari rudal balistik antar benua LGM-25C Titan II. Pensiunan rudal Titan II dikonversi oleh Martin Marietta, ke mana Glenn L. Martin ...
Letak Aust-Agder di Norwegia Aust-Agder merupakan sebuah county di Norwegia yang memiliki luas wilayah 9.157 km² dan populasi 103.374 jiwa (2006). Ibu kotanya ialah Arendal. Kotamadya Åmli Arendal Birkenes Bygland Bykle Evje og Hornnes Froland Gjerstad Grimstad Iveland Lillesand Risør Tvedestrand Valle Vegårshei lbsCounty di Norwegia Agder Akershus Buskerud Finnmark Innlandet Møre og Romsdal Nordland Oslo Østfold Rogaland Telemark Troms Trøndelag Vestfold Vestland
此條目需要补充更多来源。 (2021年7月4日)请协助補充多方面可靠来源以改善这篇条目,无法查证的内容可能會因為异议提出而被移除。致使用者:请搜索一下条目的标题(来源搜索:美国众议院 — 网页、新闻、书籍、学术、图像),以检查网络上是否存在该主题的更多可靠来源(判定指引)。 美國眾議院 United States House of Representatives第118届美国国会众议院徽章 众议院旗...
Spanish New Year tradition Royal House of the Post Office clock tower, Puerta del Sol, Madrid The twelve grapes ready to be eaten The Twelve Grapes[1] (Sp. las doce uvas de la suerte, the twelve grapes of luck) is a Spanish tradition that consists of eating a grape with each of the twelve clock bell strikes at midnight of 31 December to welcome the New Year. Each grape and clock bell strike represents each of the coming twelve months.[2] This tradition dates back from at least...
Election 1851 Boston mayoral election ← 1850 Dec. 8, 1851 (1st vote)Dec. 17, 1851 (2nd vote)Dec. 24, 1851 (3rd vote) 1852 → Candidate Benjamin Seaver John H. Wilkins Party Whig Whig First vote Did not contest 4,423 45.13% Second vote 3,97047.31% Did not contest Third vote 3,99050.05% Did not contest Candidate Jerome V. C. Smith Adam W. Thaxter Jr. Party Know Nothing Democratic First vote 2,67227.26% 1,25021.95% Second vote 2,68031.94% 1,29015.37% Third vote...
Alfred HitchcockLahirAlfred Joseph HitchcockNama lainHitchThe Master of SuspensePekerjaanSutradaraTahun aktif1921–1976Suami/istriAlma Reville (1926–1980) Sir Alfred Joseph Hitchcock (13 Agustus 1899 – 29 April 1980) adalah seorang sutradara asal Inggris yang terkenal dengan film-film thriller-nya. Terpengaruh oleh gerakan ekspresionisme di Jerman, dia kemudian memulai debut sutradaranya di Inggris sebelum akhirnya bekerja di Amerika Serikat pada 1939. Dengan fil...
William VIII of MontpellierDied1202Noble familyGuilhemSpouse(s)Eudokia KomneneAgnes of CastileFatherWilliam VII of MontpellierMotherMatilda of Burgundy William VIII (in Occitan: Guilhem; died 1202) was Lord of Montpellier, the son of William VII and Matilda of Burgundy (1135?-1173?). William VIII married Eudokia Komnene, grand-niece of the Byzantine emperor Manuel I Komnenos.[1] They had one daughter: Marie of Montpellier Lacking a male heir William separated from Eudokia, sending her...
دنيس أناتوليفيج شميكال Дени́с Анато́лійович Шмига́ль رئيس وزراء أوكرانيا تولى المنصب(4 مارس 2020) الرئيس فولوديمير زيلينسكي أوليكسي هونشاروك معلومات شخصية الميلاد 15 أكتوبر 1975 (العمر 48 سنة)لفيف، أوكرانيا الجنسية أوكراني الحياة العملية المدرسة الأم جامعة لفيف بوليتك...
This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Flubergbakken – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (August 2021) (Learn how and when to remove this message) FlubergbakkenOdnesbakkenLocationFluberg / Odnes, NorwayCoordinates60°48′25.2″N 10°12′26.1″E / 60.807000°N 10.207250�...
Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada Oktober 2022. LaShawn MerrittMerritt at the 2012 Tribeca Film Festival.Informasi pribadiKewarganegaraanAmericanLahir27 Juni 1986 (umur 38)Portsmouth, Virginia, ASKediamanSuffolk, Virginia, ASTinggi6 ft 2 in (188 cm)Berat185 pon (84 kg) ...
Епархия АйзенштадтаDioecesis Sideropolitana Герб епархии Страна Австрия Митрополия Архиепархия Вены Обряд латинский Дата основания 18 мая 1922 года Управление Главный город Айзенштадт Кафедральный собор Собор святого Мартина Иерарх Ägidius Zsifkovics[вд] Статистика Приходов 172[1] Пл�...
مدينة تورينو الحضرية شعار الإحداثيات 45°04′00″N 7°42′00″E / 45.0667°N 7.7°E / 45.0667; 7.7 [1] تاريخ التأسيس 2015 تقسيم إداري البلد إيطاليا[2][3][4] التقسيم الأعلى بيمُنتة العاصمة تورينو خصائص جغرافية المساحة 6827 كيلومتر مربع ع�...
Flowering plant cultivar Not to be confused with the Capsicum frutescens pepper also called peri peri Bishop's crownSpeciesCapsicum baccatumCultivarBishop's crownHeat MediumScoville scale5,000-30,000[note 1] SHU Bishop's crown fruit on its plantThe bishop's crown, Christmas bell, or joker's hat, is a pepper, a cultivar of the species Capsicum baccatum var. pendulum,[1] named for its distinct, three-sided shape resembling a bishop's crown.[2] Although this variety can b...