Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
San Paio.
San Paio é un lugar da parroquia de Lousada, no concello de Carballedo na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2016 tiña 18 habitantes (7 mulleres e 11 homes).
En San Paio naceu o filántropo galeguista Francisco Domínguez Mosquera.
Toponimia
O topónimo deriva do nome en latín Sanctus Pelagius, un neno de Tui martirizado en Córdoba no ano 925, con moitos devotos en Galicia.[1] É, pois, un haxiotopónimo.
Lugares e parroquias
Lugares de Santiago de Lousada
Parroquias de Carballedo
Notas