Santo Estevo de Chouzán é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2011 tiña 22 habitantes (8 homes e 14 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 40 habitantes. Segundo o INE en 2016 tiña 22 habitantes, 12 mulleres e 10 homes, no 2020 eran ,10 mulleres e 12 homes.
Toponimia
O topónimo está relacionado cun antigo mosteiro de frades Flauzani (dun nome Flaudianus). Ningún outro lugar de Galicia leva este nome [2].
Patrimonio
A igrexa mosteiral de Chouzán data do século XII, é de estilo románico[3]. O mosteiro tiña canles de auga que nutrían de peixe á comunidade beneditina e aos veciños, ademais de moveren muíños e regaren as hortas. A igrexa foi declarada Monumento Nacional en 1950. Coa construción do encoro dos Peares a antiga igrexa trasladouse pedra a pedra ata a súa actual localización.[4]
Chouzán na cultura popular
Tan tan, tan tan,
San Esteban de Chouzán,
garda viño e garda pan,
garda do fuego e alquitrán!
[5]
Notas
Galería de imaxes
-
Santo Estevo de Chouzán.
-
-
Fiestra na igrexa de Chouzán.
-
Escudo na igrexa de Chouzán.
-
Igrexa de Santo Estevo de Chouzán.
-
Santo Estevo de Chouzán desde Castro de Marce
Lugares e parroquias
Lugares de Chouzán
Parroquias de Carballedo
Véxase tamén
Outros artigos