Cartelos, Carballedo

Cartelos
Cruceiro no adro da igrexa de Santo Estevo.
ConcelloCarballedo[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°33′54″N 7°51′02″O / 42.564886, -7.850564
Poboación54 hab. (2020)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

Santo Estevo de Cartelos é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo da comarca de Chantada. En 2020, segundo o INE, tiña 54 habitantes (26 homes e 28 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación; en 2017, 66. Segundo o IGE en 2011 tiña 65 e en 1999 91.

Toponimia

A orixe do topónimo pode aludir a descendentes do nome persoal no latín vulgar Quartellus/Quartillus, diminutivo de Quartus. O Padre Sarmiento coidaba que Cartel /Cartelos eran síncope de Caritelos ou caracteres. [2].

Vista de Cartelos e outras parroquias desde a Serra do Faro
A Devesa do Rei moi preto de Cartelos

Patrimonio

Nesta parroquia atópase unha das árbores senlleiras de Galicia, o Carballo de Cartelos[3]. É da especie Quercus Ruber L., mide 36 metros de alto e o seu toro ten un diámetro de 3,6 metros na base.O toro ten un volume de madeira de aproximadamente 103 metros cúbicos e pesa 113 toneladas. A proxección sobre o chan ocupa 614 metros cadrados (máis dun ferrado).[4] Nesta carballeira rodouse en 1995 a película hispanoarxentina La ley de la frontera. Está moi próximo ao Pazo de Cartelos[5].

Lugares e parroquias

Lugares de Cartelos

Lugares da parroquia de Cartelos no concello de Carballedo (Lugo)

Cartelos | A Casa do Barrio | A Laxa | Trasar de Carballo | Vilaguillulfe

Parroquias de Carballedo

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Carballedo

Aguada (Santa Baia) | Buciños (San Miguel) | Carballedo (Santa María) | Cartelos (Santo Estevo) | Castro (San Cristovo) | Chouzán (Santo Estevo) | A Cova (San Xoán) | Erbedeiro (San Pedro) | Furco (San Gregorio) | Lobelle (San Cristovo) | Lousada (Santiago) | Marzás (Santa María) | Milleirós (San Xoán) | Oleiros (San Miguel) | Pradeda (Santiago) | San Mamede de Lousada (San Mamede) | San Romao de Campos (San Romao) | San Salvador de Búbal (San Salvador) | Santa Baia de Búbal (Santa Baia) | Santa Cristina de Asma (Santa Cristina) | Santa Mariña do Castro (Santa Mariña) | Temes (Santa María) | Veascós (Santa Mariña) | Vilaquinte (Santa María)

Notas