Lobelle, Carballedo

Lobelle
Igrexa de San Cristovo de Lobelle.
ConcelloCarballedo[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°33′09″N 7°49′17″O / 42.55242466, -7.82132034
Poboación65 hab. (2020)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

San Cristovo de Lobelle é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2016 tiña 63 habitantes (28 homes e 35 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación. En 2014 65 (31 homes e 34 mulleres). En 2004 89 (47 mulleres e 42 homes) e en 1999 97 habitantes. En 2017 eran 60 (34 mulleres e 26 homes) segundo o INE. En 2018 66 (37 mulleres e 29 homes). En 2020 65, 33 mulleres e 32 homes.

Toponimia

A parroquia de Lobelle leva o nome do seu posuidor en xenitivo, quizais en latín Lupellus, diminutivo de Lupulus, derivado de Lupus (lobo) como antropónimo[2]. Popularmente moita xente di Novelle, como se tivese que ver con novo.

Patrimonio

A igrexa parroquial está en Lobelle da Abaixo, foi reconstruída no derradeiro terzo do século XIX, de estilo funcionalista.

Castro de Lobelle: Asentamento castrexo situado no lugar de Lobelle de Arriba. Polo lado N-NO está situado a 1 km aproximadamente do castro de Quintá. Coord. Xeográficas: Lonx.: 7º 49´ 33´´ e Lat.: 42º 33´ 17´´[3].

Os de Trasar matan a besta,

os de Lobelle cómena fresca,

e os de Quintá mandaron recado

que lles gardaran mitá do rabo. ![4]

Notas

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudos de toponimia galega, II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4. 
  3. "Patrimonio arqueolóxico, Concello de Carballedo". Concello de Carballedo. Consultado o 04/05/2017. 
  4. Rielo Carballo, Nicanor (1976). Escolma de Carballedo. Ed. Castrelos. p. 127. ISBN 84-7041-041-5. 

Lugares e parroquias

Lugares de Lobelle

Lugares da parroquia de Lobelle no concello de Carballedo (Lugo)

Lobelle de Abaixo | Lobelle de Arriba | O Piñeiro | Quintela | Vilar de Mulleres

Parroquias de Carballedo

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Carballedo

Aguada (Santa Baia) | Buciños (San Miguel) | Carballedo (Santa María) | Cartelos (Santo Estevo) | Castro (San Cristovo) | Chouzán (Santo Estevo) | A Cova (San Xoán) | Erbedeiro (San Pedro) | Furco (San Gregorio) | Lobelle (San Cristovo) | Lousada (Santiago) | Marzás (Santa María) | Milleirós (San Xoán) | Oleiros (San Miguel) | Pradeda (Santiago) | San Mamede de Lousada (San Mamede) | San Romao de Campos (San Romao) | San Salvador de Búbal (San Salvador) | Santa Baia de Búbal (Santa Baia) | Santa Cristina de Asma (Santa Cristina) | Santa Mariña do Castro (Santa Mariña) | Temes (Santa María) | Veascós (Santa Mariña) | Vilaquinte (Santa María)